Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Guía para presentar unha solicitude.

Orientación paso a paso, para presentar unha solicitude no Rexistro Electrónico.

Paso 1. INFORMARSE SOBRE A SOLITITUDE/TRAMITACIÓN QUE QUERE REALIZAR

Localice o procedemento ou servizo no "catálogo de procedementos", consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura no apartado "Documentación requirida".

No apartado "Modelos de solicitude dispoñibles" ten modelos en formato .pdf para aqueles procedementos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.

No caso de que non figure no catálogo o procedemento que vostede necesita, poderá empregar a solicitude xenérica.

Paso 2. REUNIR A DOCUMENTACIÓN QUE VAI PRESENTAR

Ademais dos modelos de solicitude debe reunir a documentación requirida así coma calquera outro documento que queira entregar coa súa solicitude.

En canto á preparación dos modelos de solicitude como o resto da documentación, debe ter en conta que o Rexistro Electrónico admitirá :

  • un máximo de 15 documentos

  • o formato PDF

  • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB

  • documentos asinados electronicamente

Paso 3. REALIZAR A SINATURA ELECTRÓNICA DA DOCUMENTACIÓN

Os documentos que vai presentar deben estar asinados electronicamente e a Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no seu ordenador. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF".

Garde os documentos asinados electrónicamente para anexalos posteriormente na presentación.

Paso 4. ACCEDER AO REXISTRO ELECTRÓNICO

Acceda ao “Rexistro Electrónico” e prema na icona "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico que desexa solicitar. No caso de que o procedemento en concreto que quere tramitar non figure no “Rexistro Electrónico”, poderá empregar a solicitude xenérica.

No caso de non terse identificado previamente, deberá realizar a identificación na Sede para o que deberá empregar un certificado electrónico (incluído o DNIe) ou outro dos métodos de validación de Cl@ve.

Logo da identificación xa se atopa no seu espazo persoal "A miña sede"

Paso 5. ENGADIR A DOCUMENTACIÓN

Engada a documentación que deba presentar. Recorde que toda a documentación debe estar asinada electronicamente tal e como se indicou no paso 3.

Paso 6. ENVÍO DA SOLICITUDE

Envíe a solicitude e confirme que quere iniciar o procedemento.

Paso 7. OBTENCIÓN DO XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN

Descargue o xustificante da presentación. Teña en conta que tamén poderá acceder en calquera momento ao xustificante de presentación desde o apartado "Solicitudes rexistradas" de "A miña sede".