Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Política de Protección de datos de carácter persoal

Esta política de privacidade establece a forma en que se van xestionar os datos persoais que como persoa usuaria poida proporcionar a través deste sitio web do Concello de Ourense [carpeta.ourense.es]. Antes de seguir navegando é recomendable que a lea xa que é imprescindible a súa aceptación no caso de que introduza datos persoais a través deste web.

Nesta declaración de privacidade explicamos que datos persoais recompilamos neste sitio e como os utilizamos.

É preciso advertir que esta Política de Privacidade poderá variar en función de exixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella ás persoas usuarias que a visiten periodicamente.

O Concello de Ourense adecuou este web ás esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixítais.

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

  • Identidade do responsable: Concello de Ourense
  • NIF: P3205500F
  • Enderezo: Praza Maior nº1 Ourense
  • Tipo de entidade: Administración pública

Finalidade coa que tratamos os datos persoais

Neste Web solicitaremos datos persoais:

  • Na identificación na Sede electrónica (validación a través do sistema Cl@ve). No caso de sexa o primeiro contacto que vostede establece co Concello de Ourense, os seus datos de identificación (nome completo, documento identificativo e de ser o caso nome completo e documento identificativo do seu representante) pasarán a formar parte da nosa base de datos de interesados.
  • Nas solicitudes que vostede realice a través do Rexistro electrónico.

A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados en exercizo de potestades públicas legalmente reguladas, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias. Non se utilizarán para ningunha outra finalidade nin serán cedidos a terceiras persoas sen o consentimento expreso, salvo nos casos e coas condicións previstas no RXPD.

Ao facilitar os datos solicitados, vostede dá o consentimento para que sexa recompilada, utilizada, xestionada e almacenada polo Concello de Ourense, só como se describe no Aviso Legal e na presente Política de Privacidade.

Existen outras finalidades polas que tratamos os seus datos persoais:

  • Para garantirmos o cumprimento das condicións de uso e a lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axudan a este web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiarmos e mellorarmos os servizos que ofrece este web.

De acordo co establecido no regulamento xeral de protección de datos europeo (RGPD) 2016/679, o Concello de Ourense con domicilio na Praza Maior nº 1, 32005 será responsable do tratamento dos datos que lle sexan solicitados a través deste web. Toma de datos que está dada de alta no Rexistro de actividades de tratamento do Concello de Ourense.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse ata que non sexa solicitada a súa supresión polo interesado.
Lexitimación para o tratamento dos datos

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento.

Cando introduce datos persoais neste web requírese o consentimento con esta política de privacidade.

As categorías de datos que se soliciten a través deste web son da categoría de datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.

Debe entender que é imprescindible que nos facilite os seus datos no caso de querer identificarse na Sede electrónica o de realizar unha solicitude a través do Rexistro Electrónico.

Persoas destinatarias ás que se lles comunican os datos

Os datos persoais informados a través deste sitio web non serán cedidos a terceiros sen o consentimento expreso, salvo nos casos e coas condicións previstas no RXPD

Os seus dereitos ao facilitarnos os seus datos

Ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos datos persoais que nos proporcione.
  • Solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Solicitar a portabilidade dos datos.

Como persoa interesada poderá acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente o Concello os conservará para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. O Concello de Ourense, deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Coma interesado, ten dereito a recibir os datos persoais que nos teña facilitado nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:

  • O tratamento estea baseado no consentimento.
  • Os datos teñan sido facilitados pola persoa interesada.
  • O tratamento se efectúe por medios automatizados.

Ao exercer o seu dereito á portabilidade dos datos, terá dereito a que os datos persoais se transmitan directamente de responsable a responsable cando sexa tecnicamente posible.

As persoas interesadas tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se considera que o tratamento de datos persoais que lle concirnan infrinxe o Regulamento.

Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante unha solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Segredo e seguridade dos datos

O Concello de Ourense comprométese no uso e tratamento dos datos persoais das persoas usuarias, respectando a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa súa finalidade, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.

Este web inclúe un certificado SSL. Trátase dun protocolo de seguridade que fai que os seus datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e un usuario web, é totalmente cifrada e encriptada.

O Concello de Ourense non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede Internet e por tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

Con respecto á confidencialidade do procesamento, o Concello de Ourense asegurará que calquera persoa que estea autorizada por esta administración para procesar os datos de carácter persoal (incluído o seu persoal, colaboradores e prestadores), estará baixo a obriga de confidencialidade (xa sexa un deber contractual ou legal).

Cando se presente algún incidente de seguridade, ao darse conta o Concello, notificaralles ás persoas usuarias afectadas sen demoras indebidas e proporcionaralles información oportuna relacionada co Incidente de Seguridade tal como se coñeza ou cando a persoa afectada o solicite razoadamente.

Exactitude e veracidade dos datos

Como persoa usuaria garante e responde, en calquera caso, da exactitude, vixencia e veracidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados e aceptará proporcionar información completa e correcta.

Cambios na política de privacidade

O Concello de Ourense resérvase o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudencias.

Unicamente empregamos cookies propias e necesarias para o funcionamento deste sitio web. Información sobre las cookies que utilizamos.