Lea atentamente o seguinte aviso legal relativo ao sitio web https://sede.ourense.gob.es
No caso de querer poñerse en contacto con nós, pode dirixirse ao domicilio arriba indicado, así como ao teléfono: (+34) 988388100 e e-mail: atencioncidada@ourense.es
Con carácter xeral, a persoa usuaria obrígase ao cumprimento destas condicións e termos de uso, e obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que desfruta, e absténdose de utilizar o presente sitio web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o seu normal funcionamento, os bens ou dereitos do titular (Concello de Ourense), do resto de persoas usuarias ou, en xeral, de calquera terceira persoa.
En particular, e sen que isto implique restrición ningunha á obriga asumida pola persoa usuaria de acordo co apartado anterior, na utilización deste web, a persoa usuaria obrígase a:
Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Concello de Ourense resérvase o dereito, en calquera momento e sen notificación previa ás persoas usuarias, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.
Do mesmo modo, resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como as condicións particulares que, no seu caso, se inclúan, mediante a publicaciónn das ditas modificacións no sitio web co fin de que poidan ser coñecidas polas persoas usuarias.
O Concello de Ourense non será responsable:
A persoa usuaria de Internet que queira introducir enlaces desde as súas propias webs á páxina web do Concello de Ourense, deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento destas evite as responsabilidades derivadas da Lei.
O enlace unicamente vinculará coa páxina principal (home page) do sitio web pero non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos, etc.). Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a páxina web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos da páxina web municipal e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á páxina web municipal de forma que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nas persoas usuarias sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio do Concello de Ourense; ou (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.
Non se realizarán desde a páxina que introduce o enlace ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Concello de Ourense, a súa presidencia, o seu persoal a calidade dos servizos que presta ou a cidadanía á que da servizo.
Salvo en casos expresamente autorizados polo Concello de Ourense, non se expresará na páxina onde se sitúe o enlace, que o Concello de Ourense prestou o seu consentimento para a inserción do enlace ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo do Concello de Ourense dentro da páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados polo Concello de Ourense, e sempre que se permita, nestes casos, un enlace directo coa páxina web na forma establecida nesta cláusula.
A páxina que estableza o enlace deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiras persoas que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzan ou poidan inducir na persoa usuaria a falsa concepción de que o Concello de Ourense subscribe, apoia, se adhire ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, da persoa remitente; (III) resulten non apropiados ou non pertinentes coa actividade en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente. Igualmente, a persoa usuaria absterase de incluír na páxina web calquera hiperenlace dirixido a unha páxina web que conteña información ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, e á orde pública.
Os hiperenlaces contidos no sitio web do Concello de Ourense poden dirixir a páxinas web de terceiras persoas. O Concello de Ourense non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer no dito sitio, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre o Concello de Ourense e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.
Non se permite a utilización dos signos distintivos (marcas, nomes comerciais), salvo autorización expresa dos lexítimos titulares.
Salvo autorización expresa do Concello de Ourense, non se permite o enlace a ''páxinas finais'', o ''frame'' ou calquera outra manipulación similar. Os enlaces deben ser sempre á páxina principal (homepage) do sitio web.
Os termos e condicións que rexen este sitio web e todas as relacións que puidesen derivarse se atopan salvagardadas pola lexislación española.
Calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou a utilización deste sitio web será de competencia dos tribunais do Concello de Ourense.