Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalías). Comunicación

Están obrigados/as a comunicarlle ao Concello de Ourense a realización do feito impoñible do impuesto, nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos:

  • O/A doante ou a persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando se teña producido por negocio xurídico entre vivos a título lucrativo.
  • O adquirente ou a persoa a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, no caso de transmisións a título oneroso.

Quen, non sendo suxeito pasivo do imposto, estea obrigado/a a comunicarlle a realización do feito impoñible ao Concello de Ourense.

Tramitación Electrónica

As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válido para elas un método diferente de tramitación.

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

  1. Descargar e cubrir o modelo de comunicación.
  2. Reunir o resto de documentación requirida e aqueloutra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • o formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar tramitar a comunicación do imposto.
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:          

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tlfno.: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tlfno.: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

  • Comunicación, asinada pola persoa obrigada ao pago ou representante.
  • Documentos acreditativos da representación.
  • Documento público o privado no que conste o acto ou contrato que orixina a transmisión.
Datos imprescindibles:

A comunicación conterá como mínimo os seguintes datos:

  • Lugar e notario/a que autoriza a escritura, número de protocolo e e a súa data.
  • No caso de non tratarse de documentos notariais, conterán os datos identificativos suficientes.
  • Datos das persoas transmitintes e adquirentes: nome e apelidos ou razón social, Número de Identificación Fiscal (NIF) e enderezo.
  • Nome, apelidos e enderezo da persoa representante, de ser o caso.
  • Situación do inmoble, referencia catastral e participación adquirida.
Efectos da presentación da comunicación:

O Rexistro da Propiedade non practicará a inscrición correspondente de ningún documento que conteña acto ou contrato determinante das obrigacións tributarias polo Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, sen que se acredite previamente ter presentado algún dos seguintes documentos:

  • A autoliquidación ou, naqueles casos en que non é esixible, a declaración do imposto.
  • A comunicación da realización do feito impoñible do imposto.

A comunicación non exclúe a obriga do suxeito pasivo de practicar a autoliquidación ou presentar a declaración do imposto nos prazos e cos requisitos establecidos.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Rúa da Imprenta, nº 2 32005 – Ourense 988 388 114 Atención de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Rúa da Imprenta, nº 2 32005 – Ourense 988 388 114
Oficina Horario
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Atención de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Volver
Tramitar en liña