Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalías). Declaración do imposto

A declaración do imposto poderase presentar nos supostos en que non proceda a presentación da autoliquidación:

  • Cando o período de xeración de valor sexa inferior a un ano.
  • Cando o terreo non teña determinado o valor catastral no momento do pagamento do imposto.
  • Cando se estime exenta, prescrita ou non suxeita a transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou a constitución ou transmisión de calquera dereito real de aproveitamento, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

Quen, sendo suxeito pasivo do imposto, considere que non lle corresponde practicar a autoliquidación do imposto.

Son suxeitos pasivos do imposto:

  1. As persoas adquirentes ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando se produza a título lucrativo.
  2. As persoas transmisoras ou que constitúan ou transmitan o dereito real de que se trate, en caso de transmisións a título oneroso.

Tramitación Electrónica

As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non será válido para elas un método diferente de tramitación.

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

  1. Descargar e cubrir o modelo de declaración.
  2. Reunir o resto de documentación requirida e aqueloutra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • o formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar tramitar a declaración do imposto.
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:          

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

  • Modelo de declaración cuberto e asinado.
  • Documentación acreditativa da representación.
  • Documento público ou privado en que conste o acto ou contrato que orixina a transmisión.
  • En transmisións por causa de morte, copia simple da escritura de adxudicación de herdanza. Na súa falta:
    • Copia do escrito dirixido á persoa liquidadora do Imposto sobre sucesións ou autoliquidación do tributo.
    • Fotocopia do testamento da persoa causante.
    • Certificado do Rexistro de Últimas Vontades.
    • Copia das escrituras de adquisición dos inmobles pola persoa causante.
  • En caso de alegar a non suxeición ao imposto por inexistencia de incremento do valor, probas acreditativas da devandita circunstancia, tales como as escrituras públicas nas que consten os valores de adquisición e transmisión dos inmobles ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.

A declaración conterá como mínimo os seguintes datos:

  • Lugar e notaria/o que autorice a escritura, número de protocolo e data desta.
  • En caso de non tratarse de documentos notariais, conterán os datos identificadores suficientes.
  • Datos das persoas transmisoras e adquirentes: nome e apelidos ou razón social, número de identificación fiscal (NIF) e enderezo.
  • Referencia catastral e participación adquirida.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Rúa da Imprenta, nº 2 32005 – Ourense 988 388 114 Atención de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Rúa da Imprenta, nº 2 32005 – Ourense 988 388 114
Oficina Horario
Oficinas do Órgano de Xestión Tributaria Atención de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Volver
Tramitar en liña