Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver

Subvencións para accións no eido cultural e festivo

A Concellería de Cultura do Concello procede a convocar axudas destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidas por asociacións de veciños e comisións de festas, e correspondentes ás LIÑAS I e II do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, en consonancia co procedemento que aparece nas Bases Reguladoras da concesión de subvencións da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para accións no eido cultural e festivo.

LIÑA I Subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural.

É obxecto desta convocatoria, a concesión de subvencións para a Liña I no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, destinadas á realización de programas ou actividades culturais, entendendo como tales as seguintes:

  • Proxectos relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura.
  • Edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte.
  • Actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da cidade de Ourense.

LIÑA II Subvencións a asociacións de veciños e comisións de festas que desenvolvan accións no eido festivo.

É obxecto desta convocatoria, a concesión de subvencións para a Liña II no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura, destinadas a apoiar a realización de proxectos e actividades considerados de interese ou de utilidade pública promovidos por asociacións de veciños e comisións de festas, en concreto:

  • Incentivar a realización de Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional e senlleiro.
  • Motivar e dinamizar a participación das asociacións.
  • Colaborar co movemento asociativo para a organización das festas parroquiais.

Para os efectos destas bases, de acordo co establecido para a Liña II no Plan estratéxico de subvencións da Concellería de cultura, enténdese por accións no eido festivo: Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro.

Prazo de presentación

Quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP. O extracto da convocatoria foi publicado no BOP nº239 do xoves 17 de outubro de 2019, polo que o prazo para entregar as solicitudes de subvención é do 18/10/2019 ao 08/11/2019.

Convocatoria 2019. Prazo pechado:18/10/2019 - 08/11/2019

LIÑA I

Poderán ser beneficiarias as asociacións ou entidades de carácter cultural sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia que reúnan os requisitos xerais establecidos no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións e cumpran as seguintes condicións:

  • Que estean inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que cumpriran coa obriga de xustificación das subvencións no ano anterior, outorgadas polo Concello de Ourense.
  • Que se atopen ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Ourense, a AEAT, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia e a Seguridade Social, no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que presenten unha declaración responsable na que conste o cumprimento de todos os extremos requiridos, así como de que non se atopan incursas en ningunha das situacións do artigo 34.4 da Lei xeral de subvencións.
LIÑA II

Poderán ser beneficiarias as asociacións de veciños que estean inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes e as comisións de festas que reúnan os requisitos xerais establecidos no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións e cumpran as seguintes condicións:

  • Que cumpriran coa obriga de xustificación das subvencións no ano anterior, outorgadas polo Concello de Ourense.
  • Que se atopen ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Ourense, a AEAT, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia e a Seguridade Social, no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que presenten unha declaración responsable na que conste o cumprimento de todos os extremos requiridos, así como de que non se atopan incursas en ningunha das situacións do artigo 34.4 da Lei xeral de subvencións.

Quedan expresamente excluídas aquelas entidades:

  1. Que non se atopen ao corrente do pagamento por reintegro de subvencións ou débedas coa Seguridade Social e a Facenda pública.
  2. Que sexan beneficiarias de subvencións nominativas da Concellería de Cultura
  3. Que non presenten a documentación requirida no punto 5 destas bases.
  4. Que presenten as solicitudes fóra do prazo establecido.

Para solicitar as subvencións de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Cubrir os anexos da fase de solicitude. Estes anexos están dispoñibles tanto en formato .doc como .odt, para que escolla a opción da súa preferencia.
  • Unha vez teña os anexos cubertos, debe pasalos ao formato pdf.
  • Estando os anexos en formato pdf, debe asinar electrónicamente os anexos. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Subvencións para accións no eido cultural e festivo".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

  • Solicitude segundo o modelo normalizado ( Anexo I)
  • Certificación do/a Secretario/a da entidade en relación coa actuación do/a representante legal (Anexo II)
  • Fotocopia do NIF da entidade solicitante
  • Proxecto explicativo da actividade, con especificación dos seguintes conceptos: xustificación da realización do proxecto, programa ou actividade, persoas destinatarias (número de persoas ás que se dirixe), obxectivos (que é o que se pretende conseguir), accións ou actividades concretas a desenvolver (explicación polo miúdo de cada unha delas coa indicación, en todo caso, dos lugares e datas de realización), metodoloxía (como se vai realizar, coordinación,...), recursos humanos e materiais que se empregarán (descrición detallada do número de horas por profesionais, os respectivos custos/hora e o lugar de traballo). Este proxecto deberá estar asinado (Anexo III).
  • Orzamento de ingresos e gastos do total do proxecto, programa ou actividade, con expresión do financiamento previsto e co nivel de detalle que permita comprobar todos os conceptos, sexan ou non subvencionables (Anexo III). Necesariamente virá asinado.
  • Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias con calquera das administración e non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que figuran nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como a declaración das solicitudes de subvención realizadas a outros organismos e institucións públicas ou privadas dos proxectos para os que se solicitan as subvencións.(Anexo V).
    Compromiso de utilización do galego nas publicacións, cartelería, na publicidade e en toda a produción escrita de todas as actividades que vaian ser obxecto de subvención polo Concello de Ourense.
  • Folla de terceiros (Anexo IV)
  • Non será necesario presentar aqueles documentos que se atopen en poder do Concello de Ourense sempre que se manifeste que non sufriron variación. (Anexo VI)

Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requiriráselle ao/á solicitante para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, se considerará que desistiu da súa solicitude e procederase ao seu arquivo.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Concellería de Cultura Rúa da Canle 2, cp 32005 988 391 290 de 8:30h a 14h
Oficina Enderezo Teléfonos
Concellería de Cultura Rúa da Canle 2, cp 32005 988 391 290
Oficina Horario
Concellería de Cultura de 8:30h a 14h

Volver