Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Rexistro municipal de entidades cidadáns

O Regulamente orgánico de participación cidadá foi aprobado polo Pleno do Concello o 7 de xullo de 2006, ao abeiro da Lei 57/2003 do 16 de decembro, denominado: Lei de medidas para a modernización do goberno local. No noso Regulamento establécense os dereitos e deberes das asociacións e entidades sen ánimo de lucro que teñen o seu domicilio social no termo municipal de Ourense.

Prazo de resolución

A alta no rexistro municipal de entidades cidadás, terá lugar no prazo de 3 meses, que se contarán a partir da data en que tivese entrada a solicitude de inscrición no rexistro.

As entidades cidadás con domicilio social no municipio de Ourense, que estean acreditadas ante o Excmo. Concello de Ourense como asociacións, federacións, confederacións ou unións de asociacións de base, que cumpran os seguintes requirimentos:

  1. Ser entidades de carácter asociativo, sen ánimo de lucro, constituídas consonte ao Réxime Xeral de Asociacións.
  2. Ter a sede no municipio de Ourense.
  3. Ser como finalidade fundamental, (en acordo dos seus estatutos): a defensa, o fomento, a representación e promoción dos intereses xerais ou sectoriais da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida.
  4. Que veñan realizando programas e actividades que redunden en beneficio dos cidadáns de Ourense

Será necesario entregar na solicitude unha declaración xurada, asegurando o cumprimento dos puntos 2 e 3.

Electrónicamente

Para solicitar a inscrición no Rexistro municipal de entidades cidadás, vostede deberá:

  • Descargar e cubrir a solicitude de alta.
  • Recompilar o resto de documentación requirida.
  • Asinar electrónicamente todos os documentos (solicitude de alta e demais documentos) a engadir coa súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Rexistro municipal de entidades cidadáns".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

  1. SOLICITUDE de ALTA segundo modelo normalizado.
  2. ESTATUTOS DA ENTIDADE, onde se exprese a súa denominación, ámbito territorial de actuación, domicilio social, as súas finalidades e actividades, patrimonio inicial, recursos económicos dos que poderá facer uso, criterios que garantan o funcionamento democrático da entidade e todos aqueles extremos que se especifiquen na súa normativa reguladora tanto do Estado como da Comunidade Autónoma. Estatutos que deben cumprir a lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
  3. ACREDITACIÓN de rexistro público. Documento público acreditativo da inscrición e número da mesma no rexistro de asociacións nacional ou autonómico.
  4. CARGOS DIRECTIVOS: Nome e DNI das persoas que forma a directiva. O que implica a entrega da acta de asemblea onde sae elixida a última Xunta Directiva.
  5. DOMICILIO SOCIAL da Entidade, teléfono, Fax, páxina web e correo electrónico.
  6. O ORZAMENTO para o exercicio en curso debidamente asinado e selado.
  7. O PROGRAMA DE ACTIVIDADES para o exercicio en curso debidamente asinado e selado.
  8. CERTIFICACIÓN acreditativa do número de persoas asociadas con alta formal, e cos pagamentos correspondentes ao día, documento que debe estar asinado polo secretario co Vº e prace do presidente.
  9. DECLARACIÓN XURADA na que figure o cumprimento dos requisitos segundo o artigo 27 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá.
  10. CERTIFICACIÓN acreditativa da actual sede da entidade en Ourense, acreditación a través da acta da asemblea onde se aprobe a aprobación de sede en Ourense, senón aparece recollida nos Estatutos.

Durante o ano, as asociacións e entidades públicas rexistradas no Rexistro municipal de entidades cidadás están obrigadas a notificar toda modificación que se produza nos datos inscritos, dentro do mes seguinte á modificación.

As entidades inscritas comunicarán ao Concello, no mes de xaneiro de cada ano:

  • Orzamento para o exercicio.
  • Programa de actividades.
  • Certificación actualizada do número de socios cos pagamentos correspondentes realizados.
  • Resultados e data das últimas eleccións para elixir aos seus órganos de goberno conforme cos estatutos de cada entidade.

O incumprimento das obrigas contempladas no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, suporá a apertura dun expediente que pode causar baixa no Rexistro de Entidades Cidadás, e á perda de dereitos vinculados a figurar formalmente inscrito no Rexistro de Entidades sen ánimo de lucro do Concello de Ourense.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Concellería de Participación Cidadá Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 248 890 de 8.30h a 14.00h
Oficina Enderezo Teléfonos
Concellería de Participación Cidadá Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 248 890
Oficina Horario
Concellería de Participación Cidadá de 8.30h a 14.00h

Volver
Tramitar en liña