Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a prol do asociacionismo veciñal e da participación cidadá. Convocatoria 2019

O Concello de Ourense, atendendo ao plan estratéxico e co obxectivo prioritario de fomentar e consolidar o asociacionismo veciñal e a participación cidadá, considera de interese xeral prestar apoio ás entidades veciñais que traballan neste eido. Estas bases teñen como fin posibilitar a realización de actividades de promoción, difusión, fomento e consolidación do asociacionismo veciñal e a participación cidadá nunha concepción ampla desta, no marco da Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Ourense, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia e normativa que as desenvolve.

É obxecto destas bases regular a concesión de subvencións para o funcionamento e a realización de programas e/ou actividades veciñais que persigan, entre outros fins, a promoción da participación cidadá, dentro do termo municipal de Ourense.

Para os efectos destas bases, de acordo co establecido para a Liña I no anexo do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Participación Cidadá, entenderanse por programas e actividades veciñais aquelas realizadas polas entidades veciñais, tales como actividades lúdicas, festivas, culturais e deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, colaboración e integración entre a veciñanza, e que non conten con axudas municipais específicas.

Quedan excluídas do obxecto destas bases:

  1. Aquelas que, para a mesma finalidade, sexan solicitadas noutras convocatorias doutras áreas ou servizos do Concello de Ourense.
  2. Aquelas que, en consideración ao proxecto e programación presentados, non reúnan as condicións mínimas de interese xeral, que indiquen unha mala definición deste ou que a materia non se axuste aos obxectivos da convocatoria.
  3. As que non cumpran algún requisito destas bases ou das referidas no artigo 2.2 da Ordenanza Xeral Municipal de Subvencións.
  4. Aquelas que supoñan a edición de documentos internos, así como externos de signo exclusivamente propagandístico.
  5. Aquelas de carácter político e doutrinal de signo partidario e/ou confesional.
  6. Aquelas que teñan un convenio de colaboración co Concello de Ourense.
  7. Aquelas que inclúan actividades docentes previstas nos plans de ensino vixentes.
  8. Aquelas actividade cuxo custo sexa inferior a 300 €.

Prazos

A convocatoria foi publicada no BOP Nº 198 do xoves 29 agosto de 2019.

  • Prazo para entregar as solicitudes de subvención: 30/08/2019 ao 19/09/2019.
  • Prazo de xustificación: A data límite para dar cumprimento, por parte do beneficiario, da xustificación da subvención e solicitar o pagamento da subvención outorgada será o 30/12/2019.

Poderán ser beneficiarias as Asociacións veciñais con personalidade xurídica propia que reúnan os requisitos xerais establecidos no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións e cumpran as seguintes condicións:

  • Que desenvolvan a súa actividade no territorio Municipal de Ourense.
  • Que estean inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e que teñan unha antigüidade mínima dun ano, no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que cumpriran coa obriga de xustificación das subvencións no ano anterior, outorgadas polo Concello de Ourense.
  • Que se atopen ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello de Ourense, a AEAT, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia e a Seguridade Social, no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que presenten unha declaración responsable na que conste o cumprimento de todos os extremos requiridos, así como de que non se atopan incluídas en ningunha das situacións do artigo 34.4 da Lei xeral de subvencións.

Quedan expresamente excluídas aquelas entidades:

  1. Que non se atopen ao corrente do pagamento por reintegro de subvencións ou débedas coa Seguridade Social e a Facenda pública
  2. Que sexan beneficiarias de subvencións nominativas da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense.
  3. Que non presenten a documentación requirida no punto 5 destas bases.
  4. Que presenten as solicitudes fóra do prazo establecido.

Tramitación Electrónica

Para solicitar as subvencións de maneira electrónica, vostede deberá:

  1. Cubrir os anexos I, II, III, IV,V, VII. Estes anexos están dispoñibles tanto en formato .doc como .odt, para que escolla a opción da súa preferencia.
  2. Unha vez teña os anexos cubertos, debe pasalos ao formato pdf.
  3. Estando os anexos en formato pdf, debe asinalos electronicamente. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura
    electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF".
  4. Identificarse na Sede.
  5. Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o funcionamento e a realización de programas ou actividades a prol do asociacionismo veciñal e da participación cidadá".
  6. Engadir a documentación asinada electronicamente.
  7. Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

  • Solicitude segundo modelo normalizado (Anexo I)
  • Certificación do/da Secretario/a da entidade en relación coa actuación do representante legal (Anexo II).
  • Fotocopia do NIF da entidade solicitante.
  • Proxecto explicativo da actividade( Anexo III),con especificación dos seguintes conceptos: xustificación da realización do proxecto, programa ou actividade, persoas destinatarias (número de persoas ás que se dirixe), obxectivos (que é o que se pretende conseguir), accións ou actividades concretas que se desenvolverán (explicación polo miúdo de cada unha delas coa indicación, en todo caso, dos lugares e datas de realización), metodoloxía (como se vai realizar, coordinación,...), recursos humanos e materiais que se empregarán(descrición detallada do número de horas por profesionais, os respectivos custos/hora e o lugar de traballo). Presentarase un por cada actividade, proxecto ou programa para o que solicite a subvención
  • Orzamento de ingresos e gastos do total do proxecto, programa ou actividade, con expresión do financiamento previsto e co nivel de detalle que permita comprobar todos os conceptos, sexan ou non subvencionables (Anexo III). Presentarase un por cada actividade, proxecto ou programa para o que se solicite a subvención
  • Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias con calquera das administración e non estar incluída en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que figuran nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como a declaración das solicitudes de subvención realizadas a outros organismos e institucións públicas ou privadas dos proxectos para os que se solicitan as subvencións.(Anexo V)
  • Compromiso de utilización do galego nas publicacións, cartelería, na publicidade e en toda a produción escrita de todas as actividades que vaian ser obxecto de subvención polo Concello de Ourense
  • Folla de terceiros (Anexo IV)
  • Non será necesario presentar aqueles documentos que se atopen en poder do Concello de Ourense sempre que se manifeste que non sufriron variación.

Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requiriráselle a persoa solicitante para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, se considerará que desistiu da súa solicitude e procederase ao seu arquivo.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Concellería de Participación Cidadá Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 248 890 de 8.30h a 14.00h
Oficina Enderezo Teléfonos
Concellería de Participación Cidadá Praza de San Martiño nº 2, baixo 988 248 890
Oficina Horario
Concellería de Participación Cidadá de 8.30h a 14.00h

Volver