Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar

Estas axudas teñen por obxecto apoiar económicamente ás unidades de convivencia empadronadas no Concello de Ourense para a compra de libros e material escolar e comedores escolares.

Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do artigo 4 das bases xerais reguladoras, as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:
  • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con que convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).
Electrónicamente

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Cubrir a instancia normalizada (Anexo II).
  • Recompilar o resto de documentación que queira a aportar.
  • Asinar electrónicamente todos os documentos (instancia e demáis documentos) a engadir coa súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.


Presencialmente

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.        

A documentación preceptiva a presentar, según a situación da unidade familiar, é a seguinte:

  • Modelo normalizado de solicitude completamente cuberto (anexo I), no que se especificará o nome do(s)/da(s) neno(s)/a(s), o centro escolar e o curso para o que se solicita a bolsa, asinado pola persoa solicitante
  • Declaración responsable segundo anexo II
  • Fotocopia dos DNI (maiores de 14 anos)/NIE/pasaporte (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia e do(s) libro(s) de familia completo (ou, no seu defecto, documentación que o substitúa)
  • Fotocopia da declaración do IRPF (ou, no seu caso, documentación fiscal e laboral acreditativa dos rendementos netos) do exercicio anterior ao da convocatoria correspondente, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia. Aqueles que estean estudando e sexan maiores de 16 anos, certificado do centro de estudos no que se faga constar esta situación. As persoas perceptoras de pensións deberán presentar obrigatoriamente o certificado de pensión. En caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF deberá achegar a seguinte documentación de cada un dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos: Certificado de empresa de todas as empresas nas que traballou no exercicio fiscal anterior, se hai máis dunha, ou outros documentos que acrediten os ingresos obtidos nese ano; certificado do SEPE do cobro ou non de prestacións durante o exercicio anterior, cando proceda; xustificante de pensión do exercicio anterior, de ser pensionista (xubilación, invalidez, viuvez, orfandade, favor familia, ...).
  • Impreso de autorización para a obtención de datos que corresponda, de todas as persoas empadroadas no mesmo domicilio e que formen parte da unidade de convivencia (anexo II) As persoas non obrigadas a declarar presentarán igualmente esta autorización. É obriga e responsabilidade das familias estar ao día nos seus datos fiscais ante a Axencia Tributaria. Non se tomarán en conta os datos fiscais das familias sobre as que Facenda non certifique o peche do ano fiscal correspondente ou non estean dados de alta na AEAT
  • Informe de vida laboral completo e actualizado da Tesourería da Seguridade Social, de todos os membros computables maiores de 16 anos. En caso de telo solicitado, presentarase a copia do resgardo da solicitude e o informe axuntarase á solicitude en canto sexa emitido e recibido. As persoas que teñan a condición de empregados da administración pública ou profesionais, e a súa vida laboral se rexa por entidades distintas á Seguridade Social (MUFACE, ISFAS, MUNPAL, MUTUALIDADE XERAL DA ABOGACÍA, etcétera), deberán presentar certificación que substitúa á da vida laboral
  • Xustificante de ingresos da prestación de RISGA, no caso de tere sido beneficiario no ano anterior ao da convocatoria
  • No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das achegas económicas establecidas na sentenza. En situacións de impago, copia da solicitude de execución de setenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.
  • En caso de unións de feito nas que non exista convivencia, sentenza de garda, custodia e alimentos, así como xustificante das achegas económicas establecidas na dita sentenza. En situacións de impago, copia da solicitude de execución da sentenza presentada diante do xulgado ou xustificante do inicio das actuacións
  • No caso de que as/os menores estean en situación de acollemento por resolución administrativa ou auto xudicial, deberase acreditar mediante copia do certificado do organismo competente e, de ser o caso, a contía da remuneración.

Volver