Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Solicitude de atestados ou incidencias de tráfico nos que actuou a Policía Local

Requisitos de iniciación:

  • Ser parte implicadas no accidente ou estar autorizada por ela.
  • Ser nai, pai ou titor legal en caso de ser menor.
  • Contar co correspondente poder da compañía aseguradora para solicitar o atestado/incidencia.
  1. Comprobación de que o atestado corresponde á demarcación de actuación da Policía Local de Ourense. Antes de realizar a solicitude ou de pagar a taxa, é recomendable contactar coa Oficina de Atestados, chamando entre as 10h e as 12h ao teléfono 988511608co fin de comprobar que o atestado corresponde cos demarcación de actuación da Policía Local de Ourense.
  2. Pago da taxa. Antes de presentar a solicitude, debe pagar a taxa. Pode realizar a autoliquidación da taxa no seguinte enlace: Taxa por expedición de documentos administrativos. Unha vez que estea no formulario da autoliquidación debe seleccionar o tipo de documento que liquidará: atestado ou informe policial segundo sexa o caso.
  3. Presentar a solicitude. Realizado o pago da taxa, debe presentar a solicitude. Para a súa presentación dispón dos seguintes métodos de tramitación:

Tramitación Electrónica

As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non será válido para elas un método diferente de tramitación.

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

  1. Descargar e cubrir o modelo de "Solicitude de atestados ou incidencias de tráfico nos que actuou a policía local".
  2. Reunir o resto de documentación requirida e aqueloutra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • no formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar a "Solicitude de atestados de tráfico e incidencias sobre accidentes de tráfico nos que actuou a Policía Local".
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá a xustificanción de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:          

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

  • Solicitude de atestados e incidencias de tráfico nos que actuou a policía local.
  • Xustificante de pagamento da taxa.
  • No caso de que a persoa implicada no incidente de tráfico non coincida coa persoa solicitante, será necesario un documento que acredite que a persoa implicada autoriza a persoa solicitante a obter unha copia do atestado/incidencia de tráfico.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Xefatura da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, 1. 32005 Ourense 988511608 - 988388138 Atención á cidadanía de luns a venres de 9h a 14h presencialmente ou de 10h a 12h vía teléfono.
Oficina Enderezo Teléfonos
Xefatura da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, 1. 32005 Ourense 988511608 - 988388138
Oficina Horario
Xefatura da Policía Local de Ourense Atención á cidadanía de luns a venres de 9h a 14h presencialmente ou de 10h a 12h vía teléfono.

Volver
Tramitar en liña