Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Orde de domiciliación bancaria de recibos

Poderá realizarse mediante domiciliación bancaria o pago dos tributos municipais de cobro periodicos seguintes:

  • Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)
  • Imposto sobre Actividades Económicas (IAE)
  • Taxa por ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e tribuna (VELADORES).
  • Taxa por ocupación da vía pública con pasos de vehículos (VAOS)

O cargo do importe do recibo emitido na conta indicada polo contribuínte efectuarase o último día do período voluntario de ingreso. No caso de pago por domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles dos recibos de importe superior a 50 euros e inferior a 3000 euros que se fraccionará automaticamente (agás que a persoa contribuínte indique o contrario) e o segundo prazo será cargado na conta o 15 de outubro (ou o inmediato posterior hábil).

Os recibos domiciliados de IBI e IVTM gozarán dunha bonificación do 1% e do 3% na cota, respectivamente. No caso dos recibos fraccionados de IBI, o importe da bonificación aplicarase no cargo da segunda fracción.

Para que as ordes de domiciliación teñan efectividade no mesmo ano da súa presentación, deberanse comunicar con dous meses de antelación ao comezo do período recadatorio. Noutro caso, producirán efecto a partir do período seguinte. Se é tecnicamente posible, poderá ter efectividade no mesmo ano da súa solicitude sempre que se comunique antes do inicio do período recadatorio.

Aquelas persoas obrigadas ao pago de recibos que se emiten periodicamente.

Trámitación electrónica

Para solicitar a domiciliación bancaria de recibos a través da Sede electrónica municipal, deberá:

  1. Descargar e cubrir o modelo de solicitude "Orde de domiciliación de débito directo SEPA".
  2. Reunir aqueloutra documentación que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • o formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao "Rexistro electrónico" e seleccionar tramitar o "Orde de domiciliación bancaria de recibos".
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación presencial

Pode presentar a solicitude de domiciliación bancaria entregando el modelo de "Orde de domiciliación de débito directo SEPA" debidamente cuberto en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
  • Orde de domiciliación de bancaria, asinada polo titular da conta.
As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas pola persoa interesada, rexeitadas pola entidade de depósito ou o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas.

Os pagos entenderanse realizados na data de cargo en conta, considerándose xustificante do ingreso o que para ese efecto expida a entidade de crédito onde se atope domiciliado o pago.

É preciso presentar unha orde de domiciliación por cada recibo que desexe domiciliar.

A domiciliación das taxas por subministración de auga potable, saneamento e recollida de lixo unicamente poderá realizarse nas oficinas de VIAQUA, sitas na rúa Avilés de Taramancos, nº 6, baixo.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina de atención ao contribuínte Rúa da Imprenta, núm. 2, 32005 Ourense 988 251 245 / 988 251 246 De luns a venres de 9:00 a 14:00 h
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina de atención ao contribuínte Rúa da Imprenta, núm. 2, 32005 Ourense 988 251 245 / 988 251 246
Oficina Horario
Oficina de atención ao contribuínte De luns a venres de 9:00 a 14:00 h

Podo cancelar a domiciliación bancaria?

As domiciliacións poderán anularse en calquera momento

Que sucede se o cargo en conta non se realiza?

  • Se é por causa imputable á persoa debedora, iniciarase o período executivo de pago e orixinará a baixa da domiciliación sen necesidade de que a administración municipal llo notifique.
  • Se é por causa non imputable á persoa debedora, non se lle esixirán recargas, xuros de mora nin sancións.

Quen debe solicitar a domiciliación bancaria?

O/a titular da conta bancaria onde se realicen os cargos, aínda que non sexa o/a titular dos recibos.

Podo cambiar a domiciliación bancaria?

Poderán domiciliarse noutras entidades bancarias comunicándollo á Administración municipal con dous meses de antelación ao comezo do período recadatorio do tributo de que se trate. No caso de que sexa tecnicamente posible, poderá ter efectividade no mesmo ano da súa solicitude sempre que se comunique antes do inicio do período recadatorio.


Volver
Tramitar en liña