Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar

Taxa por licenzas urbanísticas

Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por licenzas de obras ou instalacións.

O obxecto da taxa é a actividade administrativa tendente a verificar e comprobar se procede a concesión das licenzas solicitadas ou a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora sustituida pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Tarifa

O 1,22 % do orzamento a obra ou instalación.

Instrucións para cubrir a autoliquidación

  1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do obriado ao pagamento do tributo.
  2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
  3. Descrición da obra ou instalación: Breve descrición desta.
  4. Identificación do inmoble no que se realizará a obra ou instalación: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 carácteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican o terreo ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro do terreo e os 2 últimos son carácteres de control.
    A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre os cada grupo de carácteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo:
    1234567 1234567 1234 1 2
  5. Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación se procederá o calculo do importe a pagar e tramitarase o pagamento.
Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

  • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
    • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
    • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)

    Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

  • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
  • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.


Volver
Tramitar