Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Autoliquidación- Declaración de alta no imposto

Este trámite permite realizar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) por primeira vez (nova alta).

O pago deste imposto é imprescindible para matricular un novo vehículo e dalo de alta na Xefatura Provincial de Tráfico.

Se o vehículo estivese de baixa e agora quere volver a dalo de alta é necesario facer a autoliquidación como se fose unha alta nova e pagar os trimestres correspondentes.

AUTOLIQUIDAR O IMPOSTO

  1. Obter o documento de pago do imposto.
    • Poderá realizar a autoliquidación do imposto a través do formulario da autoliquidación. Ao final do formulario aparecerá o botón "Tramitar" e  ao pulsar sobre o botón xerarase o documento de pago.
  2. Proceder ao pago da autoliquidación. Durante o proceso, obterá información sobre as dúas opcións de pago dispoñibles:
    • Pago da autoliquidación nas oficinas físicas das entidades bancarias colaboradoras.
    • Pago da autoliquidación a través da pasarela de pago.

Independentemente da forma escollida, obterá un xustificante que acreditará o pago da autoliquidación.

DECLARAR O IMPOSTO

Tramitación Electrónica

Para realizar a tramitación electrónica de declarar o imposto, vostede deberá:

  1. Estar en posesión do xustificante da autoliquidación e do resto da documentación requirida. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos    
    • o formato PDF    
    •  un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  2. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (xustificante de pago e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF".
  3. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  4. Acceder ao "Rexistro electrónico" e seleccionar a tramitación da autoliquidación-declaración do imposto.
  5. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 2 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  6. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

Pode presentar o modelo de solicitude e o resto de documentación en:   

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Xunto co xustificante de pago da autoliquidación deberá achegar os seguintes documentos:

  • Certificado das características técnicas do vehículo ou do certificado da súa fabricación.
  • DNI, NIF, NIE ou CIF do titular do vehículo.
  • A documentación acreditativa do beneficio fiscal solicitado, de ser  o caso.

Esta declaración terá efectos para a inclusión no PADRÓN MUNICIPAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA para os anos seguintes.

Se desexa domiciliar os pagamentos dos exercicios seguintes por este vehículo, cubra os datos correspondentes, e dea as correspondentes instrucións á súa entidade financeira para que a domiciliación teña validez. A ordenanza fiscal vixente reguladora do imposto establece unha bonificación do 3 % sobre a cota tributaria a favor dos que realicen o pagamento dos recibos do imposto mediante domiciliación bancaria.

Instrucións para cubrir a autoliquidación

  1. Titular: Deberá constar o nome completo e o enderezo fiscal da persoa física ou xurídica titular do vehículo. O/a titular deberá coincidir coa persoa obrigada ao pagamento do Imposto.
  2. Representante: Os datos da persoa representante indicaranse nos casos en que a autoliquidación sexa presentada por unha persoa distinta do titular do vehículo. Neste caso, será precisa acreditar a representación.
  3. Datos Vehículo: Consignarase a marca e o modelo que figuran no Certificado de Características Técnicas do Vehículo, o número de bastidor e o tipo de vehículo.
  4. Autoliquidación: As instrucións son as seguintes:
    • Unidades Fiscais:
      • Nos turismos e vehículos de tres rodas, consignarase a potencia fiscal expresada con dous decimais.
      • Nos autobuses e autocares farase constar o número de prazas autorizado que figure no Certificado de Características Técnicas.
      • No caso de camións, autocaravana, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos, derivados de turismos e remolques e semiremolques (de mais de 750 Kg de carga útil), deberase consignar a carga útil do vehículo de acordo coa seguinte fórmula: Carga útil = MMA (Masa Máxima Autorizada) -TARA.
      • Nos tractores e vehículos especiais consignarase a potencia fiscal que figura no Certificado de Características Técnicas.
      • Nos ciclomotores, motocicletas, motocarros e cuatriciclos lixeiros consignaranse os centímetros cúbicos da cilindrada que figuren no Certificado de Características Técnicas.
    • Beneficios fiscais: Deberase consignar o beneficio fiscal invocado e a cantidade deducida. Os beneficios fiscais veñen recollidos na Ordenanza Fiscal Municipal nº 2 reguladora do Imposto.
    • Cota Anual e Cota íntegra: A autoliquidación asignará a tarifa anual que corresponde ao seu modelo de vehículo e a cota tributaria íntegra en función dos trimestres liquidables.
    • Número de trimestres liquidables: Corresponderá, segundo a data de matriculación ou rehabilitación do vehículo na Xefatura Provincial de Tráfico, de acordo co seguinte:
      • Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo, deberanse liquidar 4 trimestres.
      • Do 1 de abril ao 30 de xuño, deberanse liquidar 3 trimestres.
      • Do 1 de xullo ao 30 de setembro, deberanse liquidar 2 trimestres.
      • Do 1 de outubro ao 31 de decembro deberase, liquidar 1 trimestre.
    • Total que se ingresará: Será o importe que resulte de restar á cota íntegra os beneficios fiscais aplicables, no seu caso.

Volver
Tramitar en liña