Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalías). Autoliquidación- Declaración do imposto

Na autoliquidación do imposto débese ter en conta:

  1. O suxeito pasivo deberá coincidir co obrigado ao pagamento do Imposto.
  2. No caso de actuar mediante representante, cubriranse os datos do apartado destinado para o efecto. Neste caso, será precisa acreditar a representación.

Prazos de presentación

  • 30 días hábiles seguintes a aquel no que tivese lugar o feito impoñible para transmisións intervivos.
  • 6 meses dende a data de falecemento do/a causante para as transmisións mortis causa. Con anterioridade ao vencemento deste prazo, o suxeito pasivo poderá solicitar a súa prórroga por outro prazo de ata 6 meses de duración, que se entenderá concedido polo tempo solicitado.

AUTOLIQUIDAR O IMPOSTO

  1. Obter o documento de pago do imposto.
    • Acceso ao formulario de autoliquidación. No caso de transmisións producidas por unha COMPRA-VENDA ou unha transmisión producida por MORTIS-CAUSA poderá realizar a autoliquidación do imposto a través do formulario da autoliquidación. Ao final do formulario aparecerá o botón "Tramitar" e  ao pulsar sobre o botón xerarase o documento de pago.
    • No caso doutro tipo de transmisión debe achegarse á Oficina do Negociado de Plusvalía do Concello, para elaborar a súa autoliquidación.
  2. Proceder ao pago da autoliquidación.
    • De ter o documento de pago a través do formulario de autoliquidación aplicación informará sobre as dúas opcións de pago dispoñibles:
      • Pago da autoliquidación a través da pasarela de pago.
      • Pago da autoliquidación nas oficinas físicas das entidades bancarias colaboradoras.
    • De obter o documento de pago na Oficina do negociado de Plusvalía, deberá acudir con este documentoa unha das oficinas das entidades bancarias colaboradoras, para realizar el pago.

Independentemente da forma escollida, obterá un xustificante que acreditará o pago da autoliquidación.

DECLARAR O IMPOSTO

Tramitación Electrónica

Para realizar a tramitación electrónica de declarar o imposto, vostede deberá:

  1. Estar en posesión do xustificante da autoliquidación a do resto da documentación requirida. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • o formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  2. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (xustificante de pago e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para asinar electronicamente a documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  3. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  4. Acceder ao "Rexistro electrónico" e seleccionar a tramitación da autoliquidación-declaración do imposto
  5. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 2 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  6. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

Pode presentar o xustificante de pago e resto de documentación en:   

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Co exemplar do xustificante de pago da autoliquidación deberá xuntarse a seguinte documentación:

  • No caso de transmisións intervivos:
    1. Orixinal e copia, ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado no que conste o acto que orixina a imposición.
    2. Se no documento anterior non constase a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia, ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente á dita transmisión ou adquisición.
    3. Fotocopia do último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles ou calquera outro documento que acredite a referencia catastral do inmoble.
    4. Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
    5. No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI da persoa representante.
    6. No caso de acollerse a algún suposto de exención, documentación acreditativa desta.
  •  No caso de transmisións mortis causa:
    1. Orixinal e copia, ou copia compulsada ou simple da escritura de aceptación de herdanza ou, no seu defecto, duplicado ou fotocopia do escrito de relación de bens presentada para o efecto da liquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns; certificado de defunción, certificado de últimas vontades e, de ser o caso, declaración de herdanzas.
    2. Se nos ditos documentos non consta a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia, ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente á transmisión ou adquisición.
    3. Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
    4. No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI da persoa representante.
    5. No caso de acollerse a algún suposto de bonificación ou exención, a súa documentación acreditativa.

Definicións

  • SUXEITO PASIVO: Deberá constar o nome completo e o enderezo fiscal da persoa física ou jurídica obrigada ao pago. Son suxeitos pasivos do imposto e, por tanto, obrigados á presentación e pago da liquidación: a) Nas transmisións onerosas (compravenda, permuta, ...) o transmitinte ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real do que se trate. Se o transmitinte é a persoa física non residente en España, o obrigado ao pago será o adquirente, substituto do contribuínte. b) Nas transmisións lucrativas (herdanzas, doazóns, ...) o adquirente do terreo ou persoa a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real do que se trate.
  • REPRESENTANTE: Os datos do/da representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta dos/das obrigados/as ao pago.
  • DATOS ADQUIRENTE/TRANSMITINTE: Neste apartado farase constar os datos relativos ao adquirinte no caso de transmisións onerosas, a cambio de prezo (compravendas, permutas,...) ou do/da transmitinte no caso de transmisións lucrativas (herdanza, doazóns, ...).
  • FEITO IMPOÑIBLE:
    • Data: No caso de transmisións intervivos, a do documento ou escritura pública ou, no caso de documentos privados, a do momento na que teña efectos fronte a terceiros, conforme ás normas de dereito civil. No caso de transmisións por causa de morte, a do falecemento do/da causante.
    • Negocio xurídico: Sinalaranse se se tratase dunha transmisión intervivos o mortis causa, así como os datos relativos á formalización do contrato, no seu caso (notario, protocolo, data, etc).
    • Sinalaranse os datos de identificación do inmoble obxecto de transmisión (referencia catastral, situación e, de coñecerse número fixo), os valores catastrais do ano da transmisión así como os do ano 2005 de coñecerse) e a porcentaxe da propiedade do inmoble transmitido ou adquirido.
    • Data de transmisión anterior: indicaranse as datas da anterior transmisión da propiedade do inmoble. No caso de que se transmitise en varias datas, faranse constar todas elas coa porcentaxe de propiedade transmitida.

Outra información de interese

  • No caso de que a declaración sexa referida a varios predios catastrais, haberá de realizarse unha por cada inmoble.
  • No caso de existencia de varios suxeitos pasivos, deberá practicarse unha autoliquidación para cada un deles en función da porcentaxe de propiedade que adquira ou transmita.
  • A autoliquidación realizada a través da Carpeta Cidadá só está dispoñible cando o feito impoñible consista na transmisión da propiedade. No caso de constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, poderá realizarse de forma presencial no negociado de plusvalías do Concello, na Rúa Bispo Carrascosa, nº 8.
  • Conforme co previsto no artigo 27.2 da Lei xeral tributaria, as recargas aplicadas ás autoliquidacións ingresadas fóra de prazo serán os seguintes:
    • Ata 3 meses 5 %
    • Máis de 3 meses ata 6 meses 10 %
    • Máis de 6 meses ata 12 meses 15 %
    • Máis de 12 meses 20 %
    • No caso de autoliquidacións ingresadas transcorridos máis de 12 meses dende a finalización do prazo para a súa presentación, esixirase, ademais, xuros de mora dende o día seguinte ao término dos 12 meses ata a data da súa presentación e ingreso. O importe destas recargas recargas reducirase nun 25 % nos termos establecidos no artigo 27.5 da Lei xeral tributaria.

Volver
Tramitar en liña