Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Acceso de vehículos á zona histórica

Para o acceso á zona histórica é necesario dispor dunha tarxeta magnética e un distintivo no que constará a matrícula do vehículo autorizado.

  • Residentes na Zona Histórica
  • Propietarios/as non residentes de inmobles sitos na Zona Histórica
  • Garaxes sitos na Zona Histórica
  • Comerciantes que desenvolvan a súa actividade na Zona Histórica
  • Servizos Especiais (Bombeiros, Ambulancias, Servizos Médicos, Policías, Limpezas Municipais...)
  • Servizos de transporte urxente e empresas de mensaxería que necesiten acceder á Zona Histórica fóra do horario de carga e descarga

Tramitación Electrónica

As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válida para elas un método diferente de tramitación.

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

  1. Descargar e cubrir o modelo de "Solicitude de autorización de acceso de vehículos á zona histórica".
  2. Reunir o resto de documentación requirida e aqueloutra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos 
    • no formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar a tramitación do tipo "Acceso de vehículos á zona histórica".
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá a xustificación de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Residentes propietarios/as

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación
  • Ficha técnica do vehículo

É requisito imprescindible estar empadroado/a no Centro Histórico e estar ao corrente do IBI da vivenda, estes requisitos serán comprobados polo Concello.

Residentes non propietarios/as

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación
  • Fotocopia do contrato de alugueiro
  • Ficha técnica do vehículo

É requisito imprescindible estar empadroado no Centro Histórico, este requisito será comprobado polo Concello.

Propietarios/as non residentes

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia de permiso de circulación
  • Ficha técnica do vehículo

O Concello verificará se está ao corrente do IBI da vivenda.

Garaxes propios

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopia permiso de circulación.

O Concello verificará se está ao corrente do IBI do garaxe.

Garaxes arrendados

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación
  • Fotocopia do contrato de alugueiro do garaxe
  • Ficha técnica do vehículo

Comerciantes

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopia permiso de circulación.
  • Ficha técnica do vehículo.

O Concello comprobará a licenza de apertura de obra e establecemento ou aquela que a substitúa, conforme á lexislación vixente en cada momento.

Servizos especiais

  • Documento acreditativo do Servizo
  • Fotocopia do permiso de circulación.
  • Ficha técnica do vehículo.

Transportes urxentes ou empresas de mensaxería

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación
  • Documento que acredite a realización de servizos de carácter urxente.
  • Ficha técnica do vehículo.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense Tfn. Policía Local 988388138, Tfn. Directo 988511620 Horario de luns a venres de 9h a 14h
Oficina Enderezo Teléfonos
Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense Tfn. Policía Local 988388138, Tfn. Directo 988511620
Oficina Horario
Policía Local de Ourense Horario de luns a venres de 9h a 14h
Normativa municipal:

Volver
Tramitar en liña