Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Reclamación económico-administrativa

Actos susceptibles de reclamación económico-administrativa:

  • Liquidacións provisionais e definitivas de tributos de competencia local.
  • Resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación de autoliquidación de tributos de competencia local.
  • Os que deneguen ou recoñezan exencións ou bonificacións tributarias e demais beneficios ou incentivos fiscais.
  • Os que impoñan sancións tributarias.
  • Os ditados no procedemento de recadación de tributos locais e demais ingresos de dereito público de competencia local.
  • As resolucións dos recursos de reposición.
  • Os que, distintos dos anteriores, se consideren expresamente impugnables por disposicións ditadas en materia tributaria.

Actos que non admiten reclamación económico-administrativa:

  • Os actos de imposición de sancións non tributarias e de liquidación dos restantes ingresos públicos non tributarios, salvo os de xestión recadadora seguida para o cobro en período executivo das débedas derivadas dos devanditos ingresos.
  • Os ditados en virtude dunha lei que os exclúa de reclamación.

Lexitimados para interpor unha reclamación económico-administrativa:

  • Obrigados tributarios e suxeitos infractores.
  • Persoas cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo.

Tramitación Electrónica

As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válido para elas un método diferente de tramitación.

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:

  1. Descargar e cubrir o modelo de "Modelo de reclamación económico administrativa".
  2. Reunir o resto de documentación que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
    • un máximo de 15 documentos
    • no formato PDF
    • un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
  3. Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador da persoa solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
  4. No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
  5. Acceder ao “Rexistro electrónico” e seleccionar tramitar un procedemento do tipo "Reclamación económico administrativa".
  6. Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
  7. Enviar a solicitude.

Unha vez feito o envío obterá a xustificación de rexistro de entrada no Concello.

Tramitación Presencial

No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.

Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:          

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tlfno.: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tlfno.: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Requisitos do escrito de reclamación:

  • Deberá conter necesariamente os seguintes extremos:
    • Identificación completa do reclamante (nome, apelidos, razón social e NIF), e, de ser o caso, da persoa representante (acompañando do documento que acredite a representación).
    • Domicilio para recibir notificación.
  • Identificación do acto que se impugna e do órgano administrativo que o ditou.
  • No escrito de interposición deberá manifestarse non ter presentado con anterioridade un recurso recurso potestativo de reposición, ou ter sido este desestimado de forma expresa ou por silencio administrativo. Non poden simultanearse o recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa.
  • O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto contra o que se reclama e indicarase que a reclamación se interpón perante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense.
  • Poderá utilizarse o modelo de reclamación dispoñible na páxina web do Concello de Ourense.

Prazo para interpor a reclamación:

Será dun mes desde o día seguinte á notificación do acto impugnado, ou desde o seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.

No suposto de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva ou de tributos cobrados mediante recibo, o prazo para a interposición computarase desde o día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago salvo se interpuxo recurso de reposición; neste caso, o prazo dun mes computarase desde o día seguinte á notificación da resolución expresa ou aquel en que deba entenderse desestimado por silencio administrativo.

Prazo de resolución da reclamación:

A duración do procedemento será dun ano contado desde a interposición da reclamación, transcorrido o cal a persoa interesada poderá entender desestimada a reclamación ao obxecto de interpoñer o recurso procedente.

Recursos contra a resolución da reclamación económico-administrativa:

As resolucións ditadas polo Tribunal serán directamente recorribles en vía contencioso-administrativa perante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses desde a notificación da resolución.


Volver
Tramitar en liña