Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Ver en Castellano

Data e hora oficial:

Volver
Tramitar en liña

Solicitude xenérica

A solicitude xenérica será utilizada para iniciar todos aquelles procedementos para os cales os servizos municipais non teñan determinado un inicio de tramitación específico.

Electrónicamente

No caso de que o procedemento que desexe tramitar non se atope especificamente incluído como un procedemento que poida iniciar de maneira electrónica nesta Sede, sempre pode recorrer a iniciar un procedemento do tipo “Solicitude xenérica".

Para presentar a solicitude de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Cubrir a "Instancia de procedementos xerais".
  • Recompilar o resto de documentación que queira a aportar.
  • Asinar electrónicamente todos os documentos (instancia e demáis documentos) a engadir coa súa solicitude. A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Solicitude xenérica".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Presencialmente

Antes de optar por presentar unha solicitude do tipo "Solicitude xenérica", debe comprobar que non existe un procedemento especifico (incluíndo modelos de solicitude específicos) para iniciar a xestión que necesita realizar, en tal caso, sería desexable que seguise o descrito no procedemento en cuestión.

Para realizar unha solicitude de "Solicitude xenérica", pode presentar o modelo instancia e resto de documentación en:   

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Indicarlle que na tramitación electrónica da "Solicitude xenérica" só é esixible o modelo de solicitude "Instancia procedementos xerais", pero en función do tipo de solicitude que desexe realizar poida que sexa necesario achegar a parte do modelo esixido, outra documentación. Por iso, recomendámoslle que se informe correctamente da documentación que ten que achegar coa súa solicitude, para deste xeito evitar ter que emendar errores por falta de documentación.

En relación a Instancia procedementos xerais" esta débese cumprimentar cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do interesado e, no seu caso, a persoa que o represente, así como a identificación do medio preferente ou do lugar que se sinale a efectos de notificacións.
  • Feitos, razóns e petición.
  • Lugar e data.
  • Sinatura.
  • Órgano, centro ou unidade administrativa a quen va dirixido.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Municipal da Ponte Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte) 988 511 442 De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100 Atención ao público de 9 h a 14 h
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Municipal da Ponte Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte) 988 511 442
Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100
Oficina Horario
Oficina Municipal da Ponte De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Rexistro Xeral Atención ao público de 9 h a 14 h

Volver
Tramitar en liña

Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'. Máis información