Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense

Identificación

Cl@ve admite a identificación mediante certificados electrónicos (incluído DNI-e) e claves concertadas.

Esta Sede electrónica utiliza o sistema Cl@ve como método de identificación, sendo necesario o uso do certificado dixital para a presentación de solicitudes.

Cl@ve contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Se dispón dun certificado dixital (incluído o DNI-e) ou de claves proporcionadas polo sistema Cl@ve, deberá identificarse pulsando sobre o botón co texto Cl@ve que aparece na zona de identificación desta páxina. Será entón dirixido ao sistema Cl@ve, onde deberá seleccionar o método de identificación. Unha vez identificado accederá a seu perfil na Sede municipal.

Identificarse na Sede permite:

  • Presentar electrónicamente solicitudes (Rexistro electrónico).
  • Consultar expedientes nos que figure como interesado e sobre os que é posible mostrarlle información. Progresivamente, iremos incorporando máis tipos de expedientes que poden ser mostrados a través da Sede.
  • Obter documentos de Padrón (volantes e certificados).
  • Ter acceso ás notificacións electrónicas.
  • Obter información sobre as solicitudes presentadas no Rexistro Municipal.

Indicarlle que se dispón de claves concertadas do sistema Cl@ve, poderá acceder ao seu perfil na Sede, pero algunha das solicitudes a presentar a través de Rexistro Electrónico, requiren que a documentación a achegar estea previamente asinada cun certificado dixital. É dicir, para presentar algunha das solicitudes de rexistro é requisito imprescindible dispor dun certificado dixital.

Se ten interese en obter as claves concertadas do sistema Cl@ve, indicarlle que Cl@ve admite dúas posibilidades de uso:

  • Cl@ve ocasional (Cl@ve PIN): sistema de contrasinal de validez moi limitada no tempo, orientado a usuarios que acceden esporadicamente aos servizos.
  • Cl@ve permanente (Cl@ve Persoal): sistema de contrasinal de validez duradeira no tempo, pero non ilimitada, orientado a usuarios habituais.

Para poder utilizar estas claves concertadas, a persoa interesada deberán rexistrarse previamente no sistema Cl@ve, aportando os datos de carácter persoal necesarios.

Se quere obter máis información ou rexistrarse en Cl@ve, visite a páxina do sistema Cl@ve

Información do Sistema Cl@ve

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información