Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense

Verificación de documentos Mediante Código Seguro de Verificación (CSV)

Mostrarase o documento electrónico no caso de que o código de verificación introducido corresponda cun documento electrónico asinado e emitido polo Concello de Ourense.

Inserte o código de verificación do documento

A Lei 39/2015 de 1 de outubro define no artigo 27 a validez e eficacia das copias realizadas polas Administracións Públicas. En concreto no punto 3c do citado artigo indica: “ As copias en soporte papel de documentos electrónicos requirirán que nas mesmas figure a condición de copia e conteñan un código xerado electrónicamente u outro sistema de verificación, que permitirá contrastar a autenticidade da copia mediante o acceso aos arquivos electrónicos do órgano u Organismo público emisor.”

Os documentos electrónicos oficiais emitidos polo Concello de Ourense están asinados con certificado electrónico.

Estes documentos teñen unha versión asegurada con inserción dun código CSV (Código Seguro de Verificación). Nos documentos electrónicos do Concello, dito código situase no lateral esquerdo do documento.

Cando se fai un copia en papel dun documento electrónico pérdese a sinatura electrónica, pero ao conter o código CSV sempre pódese verificar o citado documento coa obtención do documento electrónico asinado e emitido polo Concello.

Para obter o documento electrónico e así verificar a copia en papel do citado documento, debe acceder á Sede Electrónica do Concello, que dispón dunha sección que permite verificar os documentos (accesible dende un acceso directo situado no lateral dereito da Sede). Estando en dita sección, débese introducir o código CSV que aparece indicado no documento que quere verificar e o proceso descargar o documento electrónico asinado e emitido polo Concello.


Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información