Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense

Facturas electrónicas (FACe)

Para presentar unha factura electrónica dirixida ao Concello de Ourense deberá acceder ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas premendo na seguinte imaxe:

FACe

Quen está obrigado a presentar factura electrónica?

As seguintes persoas xurídicas provedoras de bens e servizos ao Concello de Ourense:

  • Sociedades anónimas
  • Sociedades de responsabilidade limitada
  • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española
  • Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria
  • Unións temporais de empresas.
  • Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

estarán obrigadas a partir do 15 de xaneiro do 2015(*) ao uso da factura electrónica e a súa presentación a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe) https://face.gob.es, por tanto  dende o 15 de xaneiro de 2015 o Concello procesa e tramita as facturas presentadas a través da plataforma FACe.

A páxina de FACe proporciona a información necesaria para a emisión e consulta das facturas presentadas, así como axuda para solución de incidencias.

(*)art. 4 e disposición final 8ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público (LFE).

Consulta do estado de tramitación da factura

De conformidade co artigo 6.3 la LFE dende o punto xeral de entrada de facturas FACe permítese así mesmo consultar, por parte do provedor o estado de tramitación da factura.

Como emitir unha factura electrónica?

Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados o Goberno de España facilita un programa informático gratuíto de emisión de factura en formato facturae, que cumpre todos os requisitos establecidos e que se pode descargar na mesma páxina web de FACe http://facturae.gob.es. Dita páxina tamén proporciona información sobre o concepto de factura electrónica.

Os requisitos de emisión da factura electrónica destinada a Administracións Públicas son esencialmente tres:

  • Estar escritas nun formato especifico de facturas. Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados o uso do ultima versión de Facturae proporcionada por http://facturae.gob.es
  • Contar cunha sinatura electrónica para a súa validación
  • E indicar o destinatario da factura electrónica que deberá estar dado de alta en FACe

Para a correcta emisión da factura deben terse en conta os seguintes datos:

  • Datos de identificación da entidade (Concello de Ourense) para a remisión de facturas electrónicas. En toda factura deben aparecer, no apartado Receptor, codificados os campos OFICINA CONTABLE, ORGANO XESTOR e UNIDADE DE TRAMITACIÓN (que poden consultarse no Directorio de Unidades FACe).

    Dende o 4 de novembro de 2015 están dispoñibles novas unidades tramitadoras para o Concello de Ourense, pode consultar estas novas unidades tramitadoras na páxina de FACe. Por favor utilice o código da unidade tramitadora responsable da factura que desexa dirixir ao noso organismo.
  • Documentos a achegar coa factura: Os documentos (certificados, certificacións de obra, TC, datos fiscais, etc.) que deban acompañar ás facturas, deberá incorporarse como documentación adxunta en formato PDF.

Enlaces:

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información