O Concello de Ourense, na súa Sede Electrónica, utilizará os seguintes certificados electrónicos:
A finalidade da Sede Electrónica é “realizar todas as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da Administración Pública o dos cidadáns por medios electrónicos”, e para isto faise preciso utilizar dispositivos de identificación electrónica.
Segundo a Lei 59/2003, de 19 de decembro de Sinatura Electrónica, no seu Artigo 6: Concepto de certificado electrónico e de asinante
É dicir, un certificado dixital é a acreditación por parte dunha autoridade de certificación como Chambers of comerse, Root y Global Chambersign Root (entidades raíz de Camerfirma), FNMT, Verisign, etc., que proba a autenticidade de quen presenta o certificado é realmente quen dí ser.
A relación de certificados dixitais utilizados son:
Os certificados dixitais utilizados son:
Serve para que vostede se identifique ante o Concello a través da Sede por vía electrónica. Este certificado atopase instalado no seu navegador ou nunha tarxeta criptográfica e mostrase automaticamente cando é requerido pola sede.ourense.gob.es
O acceso ás aplicacións ofrecidas a través desta Sede Electrónica establece mecanismos de seguridade permanentes, para garantir a autenticidade, integridade e confidencialidade das comunicacións establecidas entre un cidadán e a Sede Electrónica do Concello de Ourense, mediante a utilización do Protocolo de Capa de Conexión Segura (SSL). Disponse de sistemas de cortalumes que analizan a información entrante para verificar que non é potencialmente perigosa e a dirixen ao seu destino adecuado.
Co fin de garantir unha elevada dispoñibilidade, os sistemas informáticos e de telecomunicación que soportan a Sede Electrónica do Concello de Ourense están dotados de equipos que aseguran a alta dispoñibilidade.