Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense

Instrucións para cursar solicitudes

Na sección “Catálogo de procedementos”, pódese informar dalgúns dos procedementos que pode iniciar co Concello. O detalle de cada procedemento indicará o proceso para ser iniciado parte da cidadanía e incluirá unha relación da documentación requirida.

No caso de que o procedemento que desexe tramitar non se atope especificamente incluído como un procedemento que poida iniciar de maneira electrónica nesta Sede (progresivamente irase habilitando esta posibilidade de iniciación en máis procedementos municipais), sempre pode recorrer a iniciar un procedemento do tipo “Iniciación de procedementos xerais”.

De ter que optar pola solicitude de tipo “Iniciación de procedementos xerais”, indicarlle que na tramitación electrónica desta solicitude só é exixible o modelo de documento "Instancia procedementos xerais", pero en función do tipo de solicitude que desexe realizar poida que sexa necesario achegar a parte do modelo esixido, outra documentación. Por iso, recomendámoslle que se informe correctamente da documentación que ten que achegar na súa solicitude, para deste xeito evitar ter que emendar errores por falta de documentación a posteriori.

Para iniciar un procedemento a través desta Sede electrónica debe seguir os pasos e recomendacións indicadas:

  • Infórmese da documentación que necesita achegar para iniciar o procedemento.
  • A documentación a achegar debe esta en formato PDF e o tamaño de cada un destes ficheiros non debe superar os 10 MB.
  • É importante que achegue cada documento requirido por separado (é dicir non incluír toda a documentación nun único PDF).
  • Os nomes dos ficheiros PDF deben facer referencia á información contida en dito ficheiro. Por exemplo: declaracion_xurada.pdf, reportaxe_fotografico.pdf, memoria_tecnica.pdf
  • Asinar electrónicamente a documentación. Por norma xeral, o Concello vai a esixir a sinatura electrónica da documentación achegada. De modo que unha vez que vostede teña recompilada toda a documentación que vai achegar coa súa solicitude, debe proceder a asinar electrónicamente dita documentación. O proceso de sinatura electrónica de documentos, deberá ser realizada no seú equipo informático. Para este proceso, aconsellamos a lectura do documento “Recomendacións para asinar electrónicamente a documentación” (o texto será link a documento).
  • Cando teña toda a documentación recompilada e asinada electrónicamente é cando está en situación de iniciar o procedemento dende esta Sede electrónica. Para o que deberá:
    • Identificarse na Sede electrónica, para o que necesitará facer uso dun certificado dixital admitido.
    • Seleccionar a opción "Nova solicitude electrónica". Isto levaralle ao listado dos distintos procedementos que pode iniciar electrónicamente co Concello.
    • Seleccionar a solicitude que desexa tramitar. Tal e como indicamos parágrafos máis arriba, recorde que pode utilizar a "Iniciación de procedementos xerais" para todas aquelas solicitudes para as que o Concello non teña establecido unha tramitación electrónica especifica.
    • Seguir os pasos indicados no proceso, engadindo a documentación requirida (previamente recompilada e asinada electrónicamente). O tempo de subida da documentación no Rexistro electrónico do Concello, dependerá da súa velocidade de conexión a Internet.
    • Enviar a solicitude.
    Despois do envío, obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Sinatura electrónica de documentos

No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento, pode consultar o documento "Sinatura electrónica de documentos PDF a presentar na Sede electrónica do Concello de Ourense".

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información