Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense

Identificación da sede

Sede Electrónica é aquel enderezo electrónico dispoñible a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.

A sede electrónica baséase fundamentalmente en dous puntos:

  • A acreditación das partes que se relacionan, garantindo a súa identidade, integridade e autenticidade a través dos "Certificados electrónicos".
  • A disposición dun rexistro que acredite e certifique estas transaccións, o "Rexistro telemático"

A Sede electrónica do Concello de Ourense está disponible a través do enderezo electrónico: https://sede.ourense.gob.es/. A titularidade da Sede Electrónica correspóndelle ao Concello de Ourense que se responsabiliza da integridade, veracidade, accesibilidade, imparcialidade e oportunidade da información, servizos e operacións que se poden acceder a través da electrónica.

Coa implantación da Sede preténdese, por unha parte, facilitar aos cidadáns o acceso aos servizos que ofrece o Concello e por outra, crear un espazo no que a Administración e o cidadán se relacionen no marco da xestión administrativa, coas garantías necesarias diferenciando así o concepto do portal de comunicación da Sede Electrónica.

A información posta a disposición do público a través de redes de comunicación e de acceso a través da Sede Electrónica estará continuamente actualizada a través de datos que, por cada un dos órganos e unidades administrativas do Concello, se remitan á unidade correspondente a través do procedemento que se estableza.


Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información