Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver
Tramitar

Comunicación do enderezo de correo electrónico co fin de recibir os avisos das notificacións electrónicas por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica

A través deste procedemento tanto as persoas físicas como as xurídicas poderán comunicar un enderezo de correo electrónico para o envío dos avisos relativos ás notificacións das que sexan persoas destinatarias e que estarán dispoñibles por comparecencia na Sede Electrónica Municipal do Concello de Ourense. Deste modo, no momento en que o Concello de Ourense emita unha notificación, enviaráselle a persoa destinataria da notificación un aviso ao enderezo de correo electrónico sinalado co fin de por no seu coñecemento a existencia da notificación e as indicacións para acceder ao contido da mesma.

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas xurídicas e demais suxeitos establecidos no artigo 14.2 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) están obrigados a relacionarse coa administración a través do medios electrónicos para realización de calquera trámite e a recibir as notificacións por esta canle.

Así mesmo, para o caso das persoas físicas, mediante este procedemento poden solicitar ao Concello de Ourense que as notificacións sucesivas se lle practiquen unicamente por medios electrónicos, para todos os procedementos nos que teña condición de interesado. No caso de que unha persoa física queira solicitar a notificación electrónica para algún tipo de procedemento en concreto, deberá facelo a través dunha solicitude de procedementos xerais, onde deberá indicar o procedemento ou tipos de procedementos para os que solicita a notificación por comparecencia en Sede. En todo caso as persoas físicas poderán cambiar en calquera momento a forma elixida para recibir as notificacións debendo comunicalo previamente mediante este mesmo procedemento.

Persoas xurídicas e suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) e persoas físicas que soliciten ser notificados electrónicamente polo Concello de Ourense con carácter xeral en todos procedementos nos que teña condición de interesados.

Electrónicamente

Para comunicar o enderezo de correo electrónico no que recibir os avisos sobre as notificaciones electrónicas por comparecencia na Sede Electrónica Municipal, deberá:

  • Cubrir o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica."
  • Identificarse na Sede, proceso que require uso de certificado dixital admitido, sendo requisito imprescindible que o certificado pertenza a persoa que realiza a solicitude.
  • Tramitar unha solicitude do tipo "Comunicación do enderezo de correo electrónico co fin de recibir os avisos das notificacións electrónicas por comparecencia na Sede. Alta /baixa de notificación electrónica".
  • Seguir os pasos indicados, engadindo o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica" cuberto.
  • Proceder ao envío da solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Nota: As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiarse obrigatoriamente, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento

Presencialmente

As persoas físicas tamén poderán presentar a comunicación de datos de maneira presencial:

Deben presentar o "Modelo para a comunicación do enderezo de correo electrónico para recibir avisos de notificacións por comparecencia na Sede. Alta/baixa de notificación electrónica." debidamente cuberto. Dito documento pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Volver
Tramitar

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información