Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

O SAF é una prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios. Trátase dun servizo público de carácter local, que ofrece un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual

Poderán ser usuarios do SAF en réximen de libre concurrencia aquelas persoas ou familias que non lles asista o dereito efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia e que se encadren nun marco de problemáticas concretas, sempre que se trate de persoas ou unidades de convivencia empadroadas no Concello de Ourense con unha antigüidade de tres meses e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Persoas con certo nivel de dependencia que non teñan apoio de ninguén e con esta axuda poidan continuar vivindo no seu fogar
  • Persoas con discapacidade ás que a axuda no fogar lles poida mellorar o seu nivel de desenvolvemento persoal
  • Familias que teñan anciáns, persoas con discapacidade ou enfermos crónicos ao seu cargo e que precisan axuda para continuar atendéndoos
  • Persoas afectadas por una lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos, que precisen das prestacións do servizo de axuda no fogar
  • Persoas ou familias con grave risco de desestructuración e/ou exclusión

En xeral, poderán ser usuarios do SAF aquelas persoas e/ou familias nas que existe una situación de necesidade de atención e que, de acordo coa valoración dos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais, supoña o SAF o recurso idóneo de atención.

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

  • Fotocopia cotexada do DNI dos membros da unidade de convivencia
  • Fotocopia cotexada da tarxeta sanitaria dos membros da unidade de convivencia
  • Informe médico que acredite a carencia de autonomía, estado de saúde e prescrición de tratamentos (anexo V da ordenanza reguladora do SAF)
  • Certificado de discapacidade e/ou certificado de grao e nivel de dependencia, de selo caso
  • Xustificantes de ingresos e patrimonio da persoa solicitante e do resto de membros da unidade de convivencia:
    • Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios, etc… que perciban do último exercicio fiscal
    • Declaración responsable acerca do patrimonio na que se detalle o conxunto das titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial
    • Declaración responsable dos ingresos percibidos ou de carecer deles
    • Autorización de acceso para a obtención de datos doutras administacións públicas
  • Xustificante de aluguer de vivenda, de selo caso, ou outro documento xustificativo do réxime de tenencia
  • Declaración responsable de gardador de feito (achégase modelo) ou copia cotexada da sentenza de incapacitación legal e nomeamento do titor/representante legal (de selo caso)
  • Fotocopia cotexada do DNI do gardador de feito ou representante legal
  • Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais ou familiares realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929 de 9.00h a 14 h.
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A – Baixo. 988 388 133 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A – Baixo. 988 388 133
Oficina Horario
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14 h.
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais de 9 h a 14 h.

O servizo de axuda no fogar é gratuito?

Non, a participación no custe do servizo ven determinada pola capacidade económica da persoa ou unidade de convivencia e para o seu cálculo computarase: 1) a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia; 2) o patrimonio neto de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia

Quen pode solicitar a súa inclusión no servizo de axuda no fogar?

Calquera persoa que cumpla os requisitos establecidos na Ordenanza reguladora e que alcance os 39 puntos mínimos na aplicación do baremo que indica o Informe Social (Anexo IV da Ordenanza reguladora do servizo)

Qué tarefas se desenvolven no servizo de axuda no fogar?

As que se establezan no proxecto de intervención (Anexo II da Ordenanza reguladora) e sempre orientadas a atencións de carácter persoal. En todo caso, as tarefas domésticas non superarán as tres horas semanais

Cal é o horario na prestación do servizo?

O horario de prestación do servizo será dende as 8 horas atas as 20:00 horas, de luns a venres.


Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información