Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Vaos e Rebaixes de bordo

Vaos

Concédense licenza de vao para facilitar o acceso de vehículos ao interior de inmobles esta suxeito á correspondente Licenza Municipal, nos casos que sexa necesario cruzar as beirarrúas ou outros bens de dominio de uso público.

Tipos de Vaos

  1. VAO PERMANENTE é aquel que se concede polo Concello para o acceso dos vehículos aos inmobles durante as 24 horas do día.
  2. VAO LABORAL é aquel que ten a súa efectividade en días e horas laborables, excluíndose por tanto os domingos e festivos. Esta ira acompañada de placa complementario de 30cm. por 15cm. de altura na que figuren as horas e días na cal é efectiva.
  3. VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto.
  4. VAO PROVISIONAL é aquel que se concede por minusvalía, por roubo de placa, deterioración ou dificultade para a identificación da mesma por actos vandálicos.

Expecificación de cada tipo de Vao

1.- VAO PERMANENTE dentro deste inclúense:

  • Os garaxes para gardar vehículos en réxime familiar a capacidade do local será de 100 m2 libres en superficie.
  • Os garaxes para baixos ou sotos comunitarios. Incluíndose dentro destes apartado talleres de servizo permanente urxente debidamente acreditados e legalizados.
  • Edificios destinados a Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similar, cando a natureza do servizo así o requira e despois de presentar a documentación correspondente.

2.- VAO LABORAL dentro deste inclúense:

  • Talleres de reparación de vehículos: mecánicos, eléctricos, chapa e pintura
  • Almacén de empresas e similares, logo de licenza municipal de actividade
  • Concesionarios de automóbiles, incluídos os dedicados a exposición e venda coa correspondente licenza municipal de apertura.
  • Outras actividades de análogas características ás reflectidas neste apartado.

3.- VAO TEMPORAL é aquel que se outorga para acceso ás obras de edificios de nova construción, logo da licenza municipal para tal efecto. A duración axustásese á da obra, quedando o solicitante obrigado á devolución da placa sinalizadora.

4.- VAO PROVISIONAL dentro deste inclúense:

  • Por minusvalía acreditada mediante certificado médico da Xunta de Galicia do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico.
  • Nos casos nos que non cumprindo coa superficie esixida, demóstrese mediante certificado da Xunta de Galicia a dependencia de asistencia diaria a Residencia, Hospital, Clínica, etc., sendo necesario o uso por mobilidade.
  • En caso de roubo de placa identificativa (debidamente acreditada mediante denuncia), por deterioración ou dificultade de identificación por actos vandálicos.

Rebaixes de Bordo

Serán executados previa Licenza Municipal de acordo coa Normativa Vixente e reflectido no Plan Xeral de Ordenación urbana quedando o solicitante obrigado a dar conta do comezo das obras para realizar para o seu control e seguimento.

Casos de Otorgamento de rebaixe de bordo

a.- Garaxes Comunitarios (planta baixa e sotos)

b.- Garderías públicas de vehículos.

c.- Talleres de todas as especialidades

d.- Nos casos nos que figure no proxecto presentado e aprobado pola Comisión correspondente.

 Pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Devolución fianza por vao ou rebaixe de Bordo: Solicitarase mediante instancia, na mesma farase constar o número de licenza de vao concedida.

Documentación requirida segundo tipos de vao

VAO PERMANENTE en réxime familiar:
  • Plano do baixo coas dimensións do mesmo.
  • Fotocopia de licenza de ocupación do edificio ou ben facer constar na instancia quen foi o promotor da obra.
  • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio se esta non se achega, conforme á lexislación vixente en cada momento.
VAO PERMANENTE para garaxe comunitario ou talleres de servizo permanente urxente:
  • Plano do garaxe
  • Fotocopia NIF comunidade.
  • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
  • O Concello comprobara a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento
VAO PERMANENTE para Organismos Oficiais de carácter sanitario ou similares :
  • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
  • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra, ou presentar a fotocopia de licenza de ocupación.
  • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
  • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.
VAO LABORAL con placa complementaria de horas e días laborables.
  • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
  • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar fotocopia de licenza de ocupación.
  • Fotocopia NIF da empresa.
  • O Concello comprobará a licenza de ocupación do edificio, conforme á lexislación vixente en cada momento.
  • Concello comprobará a licenza de apertura da actividade.
VAO TEMPORAL O Concello comprobará a licenza municipal concedida para acceso ás obras de edificio de nova construción.

VAO PROVISIONAL
  • Por minusvalía
    • Fotocopia do certificado médico da Xunta de Galicia onde se acredite que o solicitante ten unha minusvalía do 70% ou superior e que teña impedimento de mobilidade o usuario de transporte publico,
    • Plano do baixo coas dimensións do mesmo
    • Facer constar na instancia quen foi o promotor ou contratista da obra ou presentar licenza de ocupación.
  • Por roubo
    • Fotocopia da denuncia presentada polo roubo da placa de vao (Policía Nacional ou Policía Local).

Documentación requirida para concesión de rebaixe de bordo e que sexan titulares de licenzas municipais de entradas de carruaxes

Solicitude mediante instancia, en caso de sinal de vao concedida facer constar o número da mesma.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617 Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Vitoria Kent, nº 1 32001 Ourense Policía Local: 988 388 138 // Telefono Directo: 988 511 617
Oficina Horario
Dependencias da Policía Local de Ourense Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
  • Lei 7 02/04/2007, reguladora das bases de réxime local. Publicada no BOE o 3 de Abril de 1985

Normativa Municipal


Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información