Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mécanica (IVTM). Exención vehículos matriculados a nome de persoas con minusvalía para o seu uso exclusivo.

Estarán exentos do imposto os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.


Tramitación:

  1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
  2. Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
  3. Informe-proposta do servizo de Facenda.
  4. Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
  5. Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.

Persoas con minusvalía en grao igual ou superior ao 33%, titulares de vehículos destinados ao seu uso exclusivo.

A solicitude de exención e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Non resultará aplicable a exención aos suxeitos pasivos beneficiarios da mesma por máis dun vehículo simultáneamente.

Documentación acreditativa da representación.

  • Fotocopia do Permiso de Circulación do vehículo.
  • Fotocopia da Tarxeta de Inspección Técnica do Vehículo.
  • Declaración do uso exclusivo do vehículo baixo a responsabilidade do titular minusválido (en reverso da solicitude).
  • Un dos seguintes documentos:
    • Fotocopia do certificado oficial acreditativo da súa minusvalía e grao, expedido pola Xunta de Galicia ou órgano competente en cada caso.
    • Fotocopia da resolución, ou certificado desta, que expida o Instituto Nacional da Seguridade Social pola que se recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.
    • Fotocopia da resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa pola que se recoñeza unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo, ou por inutilidade.¡
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
Oficina Horario
Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información