Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Recurso de reposición en materia tributaria

O recurso de reposición se interporá por medio de escrito no que se fará constar os seguintes extremos:

  • As circunstancias personais do recurrente e, no seu caso, do seu representante, con indicación do número do documento nacional de identidade ou do código identificador.
  • O órgano ante quen se formula o recurso.
  • O acto administrativo que se recurre, a data en que se ditou, número do expediente e demáis datos relativos a aquel que se consideren convintes.
  • O domicilio que sinale o recurrente a efectos de notificacións.
  • O lugar e a data de interposición do recurso.
  • No escrito de interposición formularanse as alegacións tanto sobre cuestións de feito como de dereito. Co dito escrito presentaranse os documentos que sirvan de base á pretensión que se exercita.

Actos susceptibles de recurso de reposición

Son impugnables, mediante recurso de reposición, todos os actos deste Concello dictados en vía de xestión dos seus tributos propios e dos seus restantes ingresos de dereito público.

Ao existir a posibilidade neste Concello de formular reclamacións económico-administrativas contra actos dictados en vía de xestión dos seus tributos locais, o recurso de reposición será previo á reclamación económico-administrativa, considerándose ademáis potestativo.

Lexitimados para interpoñer o recursos de reposición

  • Os suxeitos pasivos e, no seu caso, os responsables dos tributos, así como os obrigados a efectuar o ingreso de dereito público de que se trate.
  • Calquera outra persoa cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo de xestión.

Tramitación

  • Recurso de reposición xunto cos documentos nos que se base a súa pretensión.
  • Comprobación e requerimento, se procedese.
  • Informe-proposta do servizo do Órgano de Xestión Tributaria correspondente.
  • Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.

Órgano competente para resolver

Concelleiro delegado de Facenda.


Prazo de interposición

O recurso de reposición interporase dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación expresa do acto cuxa revisión se solicita ou ao de finalización do período de exposición pública dos correspondentes padróns ou matrículas de contribuíntes ou obrigados ao pago.

Recursos contra a resolución do recurso de reposición


Contra a resolución dun recurso de reposición só se poderá interpoñer reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información