Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Taxa por aproveitamente especial do dominio público local a favor das empresas explotadoras de servizos de subministros de interese Xeral. ''Outros servizos diferentes da telefonía móbil''

Prazos

Poderase presentar a declaración final o último día do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior a cada trimestre natural.

A presentación das autoliquidacións despois do prazo fixado levará a exixencia das recargas de extemporaneidade, segundo lo previsto no artigo 27 da Ley General Tributaria.

Establecese o réxime de autoliquidación para cada tipo de subministro, que terán periodicidade trimestral e comprenderá a totalidade dos ingresos brutos facturados no trimestre natural ao que se refira.

Presentarase ao Concello unha autoliquidación para cada tipo de subministro efectuado no termo municipal, especificando o volume de ingresos percibidos por cada un dos grupos integrantes da base impoñible.


Presentando o impreso de autoliquidación (modelo 910), xunto coa documentación que sexa necesaria documentación en:

                  Rexistro Xeral
                  Praza Maior nº 1
                  32005 Ourense
                  Tfno: 988 388100
                  Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén se pode presentar nas formas previstar no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

As empresas que utilicen redes alleas deberán acreditar a cantidade satisfeita aos titulares das redes co fin de xustificar a minoración de ingresos a que se refire o artigo 6.2 de la Ordenanza fiscal reguladora da taxa. Este documento acompañarase da identificación da empresa ou entidade propietaria da rede utilizada (Anexo autoliquidación modelo 910).

Expedirase un documento de ingreso para o interesado, que permitiralle satisfacer a cota nos lugares e prazos de pago que se indiquen. Dito documento será remitido ao enderezo indicado ao efecto, ou por correo electrónico.

  • Impreso de autoliquidación modelo 910.
  • NIF suxeito pasivo.
  • Documentación acreditativa da representación do suxeito pasivo.
  • No seu caso, Identificación da/s empresa/s subministradora/s de servizos que utilicen a rede da entidade que ten a condición de suxeito pasivo, e/ou identificación da/s empresa/s titular/es da/s rede/s allea/s utilizadas/s polo suxeito pasivo. Anexo autoliquidación modelo 910.
  • No seu caso, documentación acreditativa da cantidade satisfeita aos titulares da/s rede/s allea/s.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
Oficina Horario
Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información