Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Exención bens inmobles que se destinen á ensinanza por centros docentes acollidos, total ou parcialmente ao réxime de concerto educativo

Estarán exentos do imposto, previa solicitude, os bens inmobles que se destinen á ensinanza por centros docentes acollidos, total ou parcialmente, ao réxime de concerto educativo, en canto á superficie afectada á ensinanza concertada, sempre que o suxeito pasivo coincida co titular da actividade.

Tramitación:

  1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
  2. Comprobación e requerimento, se procede, da documentación.
  3. Informe-proposta do servizo de facenda.
  4. Notificación da proposta de resolución, no caso de que sexa desestimatoria.
  5. Resolución do concelleiro delegado de Facenda.

Centros docentes acollidos, total ou parcialmente ao réxime de concerto educativo.

A solicitude de bonificación e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

A solicitude da exención deberá realizarse cada ano, tendo efecto no ejercicio en que se solicite, si dicha solicitud se produce antes de que la liquidación del impuesto haya adquirido firmeza

  • Documentación acreditativa da representación, no seu caso.
  • Documentación acreditativa sobre a consideración do solicitante como centro docente acollido, total ou parcialmente, ao réxime de concerto educativo.
  • Informe da Dirección Xeral do Catastro acreditativo das superficies dos edificios ou conxuntos urbanísticos adscritos exclusivamente á actividade educativa ou a servizos complementarios de ensinanza e de asistencia docente de carácter necesario, con indicación do valor catastral asignado a cada un dos elementos citados.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
Oficina Horario
Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información