Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Solicitude de alta no Padrón de habitantes.

Persoas físicas.

A solicitude e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

.

  • Calquera documento de identidade válido das persoas interesadas. Os cidadáns de fora da Unión Europea, presentarán o pasaporte ou a tarxeta de residencia.
  • Libro de Familia no caso de menores ou documento acreditativo da inscrición dos pais ou titores do menor no rexistro civil.
  • No caso de establecemento colectivo: autorización por escrito do responsable do mesmo, en papel oficial.
  • Xustificante do enderezo para o que se pode entregar algún dos documentos que seguen: escritura de propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo de un subministro (auga, electricidade, teléfono, gas, etc.) NON é válido o cargo do banco
  • No caso de que no domicilio xa figuren empadroadas outras persoas, pódese presentar autorización escrita dunha persoa maior de idade que esté xa empadroada no domicilio, acompañada da fotocopia de documento de identidade válido da citada persoa
  • Nos casos de non ter xustificantes propios ou que non figure ninguén empadroado pódese presentar xustificante de outra persoa acompañado de documento de identidade e autorización da citada persoa.
  • No derradeiro caso, o trámite pódese facer soamente co documento de identidade (neste caso o trámite dura arredor de vinte días)
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Estatística Casa do Concello - Praza Maior, nº 1, baixo 988 246 791 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Estatística Casa do Concello - Praza Maior, nº 1, baixo 988 246 791
Oficina Horario
Servizo de Estatística de 9 h a 14 h.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información