Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Solicitude de viveiros empresariais no Centro de Iniciativas Empresariais

Dentro dos servizos que ofrece o Centro de Iniciativas Empresariais (en diante, CIE) se atopa a cesión de locais ou módulos aos novos emprendedores que inician unha actividade empresarial coa finalidade de facilitar a creación de empresas e de apoiala e asesorala nos seus primeiros meses de vida. Esta cesión realízase por un período de 12 meses, prorrogables anualmente, sendo o período máximo de ocupación de 36 meses; excepcionalmente poderá prorrogarse ata un máximo de ocupación de cinco anos.

Para máis información sobre o uso, obrigas e deberes dos viveiros que se ofertan, recomendamos a lectura das dúas ordenanzas municipais que se xunta con esta información (apartado de normativa).

Prazos

O Concello articula un sistema de convocatoria permanente, baseado nun proceso aberto de estudo e de adxudicación de espazos.

O procedemento de selección iniciarase na data en que se presente no Rexistro Xeral do Concello de Ourense a documentación completa, incluída a solicitude asinada polo representante da empresa.

Taxas:

Vésaxe liñas máis abaixo a Ordenanza reguladora do prezo público de Servizos no viveiro de empresas do CIE.

Outros datos de interese

Aquelas solicitudes que, aínda superando os puntos esixidos, non resulte elixidas por estaren os locais ocupados, integrarán a lista de espera á que se recorrerá para posibles vacantes. A validez das solicitudes será dun ano, transcorrido o cal deberá reactivarse mediante nova solicitude.


Poden beneficiarse dos servizos deste centro aquelas persoas físicas e xurídicas habilitadas legalmente para o exercicio das funcións declaradas que conten cun proxecto empresarial que fose seleccionado pola súa viabilidade.

Este centro está destinado a empresas de nova ou recente creación, considerando como antigüidade máxima do negocio un ano. Para estes efectos tomarase a data de outorgamento da escritura de constitución por parte do correspondente notario, en caso de sociedades, e para persoas físicas a data máis antiga entre a alta no réxime especial de traballadores autónomos e a data de alta no IAE.

Quedan excluídas do centro as empresas que non poidan ser consideradas PEMES.

Igualmente quedarán excluídas aquelas actividades e proxectos empresarias que prexudiquen o desenvolvemento normal do centro, a convivencia no mesmo ou que incidan negativamente no medio ambiente (calor, risco de incendios, gases, vibracións, ruídos superiores aos permitidos, luces intensas, cheiros, etc.) e, en xeral, aqueles cuxa actividade non sexa compatible cos usos que admita o viveiro.

A solicitude e resto de documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Todo promotor ha de presentar a seguinte documentación:

  • Documentos que acrediten a personalidade  do solicitante:
    • Tratándose de persoas físicas: DNI e alta no réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social.
    • Tratándose de persoas xurídicas: CIF, escritura de constitución debidamente inscrita no Rexistro Mercantil e acreditar a representación.
    • Alta no IAE ou xustificante de non ser necesaria.
  • Plan Empresarial asinado polo solicitante.
  • Certificado de estar ao corrente de obrigacións tributarias e de seguridade social.
  • Declaración do conxunto de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto, así como documentación acreditativa de ter participado ou de ter unha proposta de colaboración nalgún programa ou iniciativa promovida polo Concello de Ourense.
  • Poderá demorarse a entrega da alta na Seguridade Social, a alta no IAE e na escritura de constitución xunto co CIF polas empresas que no se atopen constituídas ao momento de cursar a solicitude. En todo caso, a dita documentación haberá de presentarse con anterioridade á sinatura do documento de aceptación de condicións.
  • Para simplificar a realización do plan de empresas facilitaranse guías de apoio. 
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Centro de iniciativas empresarias (CIE) Rúa Padre Feijoo, 1º A 988 269 329
Oficina Enderezo Teléfonos
Centro de iniciativas empresarias (CIE) Rúa Padre Feijoo, 1º A 988 269 329
Oficina Horario
Centro de iniciativas empresarias (CIE)

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información