Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Apertura/modificación de ficha de terceiro e pagamento por transferencia

A "Apertura/modificación de ficha de terceiro e pagamento por transferencia" é un procedemento a través do cal facilitase ao Concello un número de conta bancaria.

A "Apertura/modificación de ficha de terceiro e pagamento por transferencia" debe ser solicitada por aquelas persoas físicas o xurídicas que teñan dereito a percibir algún pago (subvención, factura, certificación,..) por parte do Concello e en xeral calquera outro acredor. A solicitude debe presentarse previamente á presentación no Concello de calquera factura ou con anterioridade a calquera pago que o Concello poida ter co solicitante.

Deberá presentarse unha solicitude sempre e cando o interesado desexe cambiar a conta a través da cal a Administración abone os pagos que tivesen lugar.


Pódese presentar modelo de solicitude en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro..


  • O "Modelo de solicitude de apertura/modificación de ficha de terceiro e pagamento por transferencia" debidamente cumprimentado, cos datos do interesado ou razón social e datos bancarios, debendo levar el selo de conformidade da entidade bancaria correspondente. Dita solicitude debe estar asinada polo interesado ou persoa con poderes de empresa, facendo constar o seu nome e DNI así como cargo que ostenta (Xerente, Administrador,...)
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Tesourería Rúa da Barreira, s/n 988 388 112 Atención ao público: de 9h a 14h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Tesourería Rúa da Barreira, s/n 988 388 112
Oficina Horario
Tesourería Atención ao público: de 9h a 14h.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información