Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver
Tramitar

Pago de taxas pola tramitación de diferentes documentos e pola expedición dos mesmos

Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos.

O obxecto da taxa é a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de los expedientes necesarios para a expedición pola Administración do documento solicitado.

Pode consultar as tarifas dos diferentes documentos a liquidar na ordenaza fiscal nº6 do ano en curso.

Instrucións para cubrir a autoliquidación

  1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
  2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
  3. Identificación do documento: Deberá seleccionarse o documento solicitado de entre os relacionados no apartado de tarifas así como o número de unidades solicitadas
  4. Cálculo da autoliquidación: Introducir os datos relativos ao tipo de documento para que o formulario de autoliquidación poda devolver o importe a liquidar.

Tramitar por internet

Para proceder á autoliquidación deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

  • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
    • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
    • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, Caja Duero e BBVA)
  • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pagamento.

  • PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
  • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Banco Popular, Banco Santander, Banco Sabadell, Banco Pastor, CaixaBank, BBVA, Caja Duero e Caja España.

Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.

Volver
Tramitar

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información