Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver
Tramitar

Domiciliación Bancaria

A domiciliación de un tributo supón o cargo na conta indicada polo contribuínte, do importe do recibo emitido periodicamente, evitando deste xeito, preocuparse da recepción dos avisos de pago e os eventuais recargos ou outros incrementos dos importes a pagar.

Os tributos de carácter periódico para os que pode solicitarse a domiciliación bancaria son os seguintes:

  • Imposto sobre Bens Inmobles, da natureza rústica e urbana e de características especiais.
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
  • Imposto sobre Actividades Económicas.
  • Taxa polo paso de vehículos (vados).

*A domiciliación das taxas por subministración de auga potable, saneamento e recollida de lixos unicamente poderá realizarse nas oficinas de AQUAGEST, sitas na rúa Avilés de Taramancos, nº 6, baixo.

Prazos

Para que a domiciliación teña efecto no ano en curso, debe tramitarse a solicitude dous meses antes do inicio do período voluntario de ingreso do tributo correspondente. Con posterioridade a ese prazo, a solicitude terá efectos para o ano seguinte e sucesivos.

Tramitación por internet

Pulse sobre o botón TRAMITAR que atopará na parte superior e inferior de esta páxina, con isto abandonará a Sede electrónica e accederá a un formulario de Carpeta Cidadá que terá que informar cos datos necesarios para domiciliar os tributos que desexe. A oficina de recadación municipal revisará a súa solicitude e se poñerá en contacto con vostede a través de correo electrónico indicándolle se a súa solicitude foi aceptada ou rexeitada.

Tramitación presencial

Pódese presentar o impreso da Orde de Domiciliación Bancaria de Tributos Municipais* en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

* O impreso de Orde de Domiciliación bancaria de Tributos Municipais é común a todos os tributos, con excepción das taxas por suministro de auga, por saneamiento e por recollida de lixo.

Validez

As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, en tanto non sexan anuladas polo interesado, rexeitadas pola entidade de depósito ou o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas.

Outros datos de interese

  • O importe dos recibos será cargado na conta o día en que finalice o período voluntario de pago do tributo.
  • No caso de que o pago sexa domiciliado nunha conta corrente que no sexa de titularidade do obrigado o pago, deberá aportarse autorización escrita do titular da conta, pudendo realizarse unicamente o trámite de forma presencial nas oficinas do Servizo de recadación ou mediante envío por correo.
  • No caso de tramitación presencial debe achegarse a Orde de Domiciliación bancaria de Tributos Municipais debidamente cumprimentado. Documento non necesario no caso da tramitación por internet.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246 Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Recadación Rúa Imprenta nº 2 988 251 245/988 251 246
Oficina Horario
Servizo de Recadación Atención ao cidadán de luns a venres (salvo festivos), en horario de 9 a 13 horas

Volver
Tramitar

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información