Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver
Tramitar

Acceso ao servizo de "Carpeta Cidadá"

Na "Carpeta Cidadá" poderá realizar as seguintes operacións:

  • Xestionar recibos e multas.
  • Pagar recibos e multas.
  • Autoliquidar impostos.

O Concello incorporará progresivamente novas prestacións que amplíen esta vía de comunicación entre a cidadanía e o Concello.

Acceso con Certificado Electrónico

Para ter acceso aos servizos persoais que ofrece a web do Concello de Ourense pode utilizarse o Dni electrónico ou un certificado dixital admitido polo sistema. Se vostede dispón dun dos certificados admitidos, unicamente deberá acceder á Web de Carpeta Cidadá e facer link na imaxe do Dnie ou no enlace co texto "Acceso con Certificado Dixital"; o sistema entón pediralle que se identifique co seu certificado, unha vez que faga dito paso, vai a mostrarse unha pantalla cunha redacción de condicións que terá que aceptar para ter acceso aos servizos persoais de Carpeta Cidadá.

Acceso con Claves

Pode que se dea o caso de que vostede non dispoña de ningún dos certificados admitidos. Se ese é o seu caso, para poder acceder á Carpeta Cidadá é necesario dispor dun código e unha clave de acceso.

Para poder dispor dos códigos de acceso, deberá seleccionar o botón "TRAMITAR" que se atopa na parte superior e inferior desta páxina. Ao facer isto abandonará a Sede Electrónica e accederá ao formulario de Carpeta Cidada de solicitude de claves de acceso.

Unha vez recibida a súa solicitude, o Concello comprobará os seus datos e enviaralle unha mensaxe de correo electrónico, indicándolle o lugar e a data a partir da cal vostede pode achegarse as dependencias municipais a recoller as súas claves de acceso. Recorde que deberá acudir coa documentación que se indica nas seguintes liñas.

Calquer persona física maior de idade que dispoña de plena capacidade xurídica para actuar.


Cando acuda a Oficina Municipal deberá levar consigo a seguinte documentación:

  • Coa finalidade de protexer o acceso aos datos confidenciais contidos na Carpeta Cidadá, deberá aportar o orixinal e a copia da súa documentación persoal (DNI, tarxeta de residencia ou NIE en formato carné)
  • Deberá acudir co documento ''Condicións para a utilización do servizo Carpeta Cidadá do Portal Web do Concello de Ourense'' asinado. No caso de non ser posible que vostede imprima ditas condicións, o Concello proporcionaralle o documento que vostede deberá ler e asinar.
  • No caso de que faga a solicitude unha terceira persoa en nome do interesado, deberá aportarse o orixinal e a fotocopia dun poder notarial expreso para a súa solicitude. Ademais, tamén deberase aporta unha fotocopia da documentación persoal que identifica o solicitante (DNI, NIE ou Permiso de Residencia) e orixinal e fotocopia da documentación persoal que identifica o autorizado (DNI, NIE o Permiso de Residencia)
  • No caso de que vostede represente a algunha entidade xurídica (empresas, asociacións,...) deberá proporcionar documento que acredite a representación.

Volver
Tramitar

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información