Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Acceso de vehículos a zona histórica

Para o acceso a zona histórica é necesario dispor dunha tarxeta magnética e un distintivo no que constará a matrícula do vehículo autorizado.

  • Residentes na Zona Histórica
  • Propietarios non residentes de inmobles sitos na Zona Histórica
  • Garaxes sitos na Zona Histórica
  • Comerciantes que desenvolvan a súa actividade na Zona Histórica
  • Servizos Especiais (Bombeiros, Ambulancias, Servizos Médicos, Policías, Limpezas Municipais..)
  • Servizos de transporte urxente e empresas de mensaxería que necesiten acceder o Casco Histórico fora do horario de carga e descarga

 Pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Residentes propietarios

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación.

É requisito imprescindible estar empadroado no Centro Histórico e estar ao corrente do IBI da vivenda, ditos requisito serán comprobados polo Concello.

Residentes non propietarios

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación.
  • Fotocopia do contrato de aluguer.

É requisito imprescindible estar empadroado no Centro Histórico, dito requisito de empadroamento comprobarao o Concello.

Propietarios non residentes

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopia de permiso de circulación.

O Concello verificará se está ao corrente do IBI da vivenda.

Garaxes propios

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopia permiso de circulación.

O Concello verificará se está ao corrente do IBI do garaxe.

Garaxes arrendados

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación.
  • Fotocopia do contrato de aluguer do garaxe.

Comerciantes

  • Fotocopia DNI.
  • Fotocopia permiso de circulación.
  • Ficha técnica do vehículo.

O Concello comprobará a licenza de apertura de obra e establecemento ou aquela que a substitúa, conforme á lexislación vixente en cada momento.

Servizos especiais

  • Documento acreditativo do Servizo
  • Fotocopia do permiso de circulación.

Transportes urxentes ou empresas de mensaxería

  • Fotocopia DNI
  • Fotocopia permiso de circulación
  • Documento que acredite a realización de servizos de carácter urxente.
  • Ficha técnica do vehículo.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense Tfno. Policía Local 988388138, Tfno. Directo 988511620 Horario de luns a venres de 9h a 14h
Oficina Enderezo Teléfonos
Dependencias da Policía Local de Ourense Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense Tfno. Policía Local 988388138, Tfno. Directo 988511620
Oficina Horario
Dependencias da Policía Local de Ourense Horario de luns a venres de 9h a 14h

Normativa municipal:


Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información