Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Autorización de Festas

As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de Medidas Urxentes derivada da entrada en vigor da Lei 9/2013 do 19 de decembro, do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas populares, no caso de que se vaian a utilizar escenarios e/ou estruturas móbiles, debendo para elo aplicar o artigo 42 da Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, polo que pomos no seu coñecemento que para abrir un expediente de autorización de festas hai que entregar a documentación indicada.

A documentación deberá ser entregada no Concello, a lo menos, dous meses de antelación á data prevista de inicio das festas.

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

  1. Impreso de solicitude debidamente cumprimentado polo organizador do espectáculo (ou representante acreditado), indicando persoa responsable, enderezo, núm. de móbil, correo electrónico e fotocopia do DNI.
  2. Póliza e recibo de pagamento do seguro de Responsabilidade Civil, que deberá ser pola totalidade dos días que duren as festas incluíndo os días de montaxe e desmonte das atraccións, carpas e/ou escenarios.
  3. Permiso específico da Asociación de Veciños correspondente.
  4. Plano de emprazamento onde se delimite o “recinto festivo” e a localización das estruturas móbiles (palcos, feirantes, carpas, etc.).
  5. Memoria das festas onde conste: programa, previsión de asistencia e relación de todas as actividades que se van realizar dende o primeiro día de montaxe ata o último día de desmonte.
  6. Compromiso asumido por un técnico competente (enxeñeiro, enxeñeiro técnico e/ou arquitecto) e visado do Certificado de Montaxe das instalacións, atraccións de feira, carpas e escenarios.
  7. Plan de autoprotección cando o aforo sexa igual ou superior a 20.000 persoas.
  8. Grupo electróxeno ou cadro eléctrico: autorización de Industria, certificado de instalación, póliza e recibo do seguro de RC.
  9. O rquestras: permiso de circulación, póliza e recibo do seguro, ITV e certificado de idoneidade asinado por un técnico competente.
  10. Carpas: póliza e seguro de responsabilidade civil, certificado de idoneidade e de montaxe asinados por un técnico competente.
  11. Atraccións de feira: xustificante de ter aboadas as taxas de ocupación de solo público, póliza e seguro de responsabilidade civil, certificado de idoneidade e de montaxe asinados por un técnico competente e documentación do grupo electróxeno (autorización de industria e certificado de instalación eléctrica).
  12. Pirotecnia: plano da cartografía municipal do lugar de disparo, copia da comunicación presentada na Subdelegación do Goberno de Ourense, identificación da empresa de expertos que realice o espectáculo así como dos expertos que participen, póliza e seguro de responsabilidade civil con cobertura mínima de 600.000 €, relación polo miúdo dos artificios pirotécnicos (tipo, número, cantidade, tempo, etc) dos fogos artificiais. No caso de exceder de 100 kg, tamén será necesario presentar un Plan de Seguridade.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Concellería de Cultura Rúa da Canle 2, cp 32005 988 391 290 de 9h a 14h
Oficina Enderezo Teléfonos
Concellería de Cultura Rúa da Canle 2, cp 32005 988 391 290
Oficina Horario
Concellería de Cultura de 9h a 14h

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información