Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Reclamación económico-administrativa

Actos susceptibles de reclamación económico-administrativa:

  • Liquidacións provisionais e definitivas de tributos de competencia local.
  • Resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación de autoliquidación de tributos de competencia local.
  • Os que deneguen ou recoñezan exencións ou bonificacións tributarias e demais beneficios ou incentivos fiscais.
  • Os que impoñan sancións tributarias.
  • Os ditados no procedemento de recadación de tributos locais e demais ingresos de dereito púbico de competencia local.
  • As resolucións dos recursos de reposición.
  • Os que, distintos dos anteriores, se consideren expresamente impugnables por disposicións ditadas en materia tributaria.

Actos que non admiten reclamación económico-administrativa:

  • Os actos de imposición de sancións non tributarias e de liquidación dos restantes ingresos públicos non tributarios, salvo os de xestión recadatoria seguida para o cobro en período executivo das débedas derivadas dos devanditos ingresos.
  • Os ditados en virtude dunha lei que os exclúa de reclamación.

Lexitimados para interpór unha reclamación económico-administrativa:

  • Obrigados tributarios e suxeitos infractores.
  • Persoas cuxos intereses lexítimos e directos resulten afectados polo acto administrativo.

A reclamación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Prazo para interpor a reclamación:

Será de un mes desde o día seguinte á notificación do acto impugnado, ou desde o seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.

No suposto de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva ou de tributos cobrados mediante recibo, o prazo para a interposición se computará desde o día seguinte ó de finalización do periodo voluntario de pago salvo se se interpuxo recurso de reposición; neste caso, o prazo de un mes se computará desde o día seguinte á notificación da resolución expresa ou aquel en que deba entenderse desestimado por silencio administrativo.

Prazo de resolución da reclamación:

A duración do procedemento será dun ano contado desde a interposición da reclamación, transcorrido o cal o interesado poderá entender desestimada a reclamación ao obxecto de interpoñer o recurso procedente.

Recursos contra a resolución da reclamación económico-administrativa:

As resolucións ditadas polo Tribunal serán directamente recurribles en vía contencioso-administrativa diante dos xulgados do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses desde a notificación da resolución.

Requisitos do escrito de reclamación:

  • Deberá conter necesariamente os seguintes extremos:
    • Identificación completa do reclamante (nome, apelidos, razón social e NIF), e, no seu caso, do representante (acompañando do documento que acredite a representación).
    • Domicilio para recibir notificación
  • Identificación do acto que se impugna e do órgano administrativo que o ditou.
  • No escrito de interposición deberá manifestarse non haber presentado previamente recurso potestativo de reposición, ou haber sido este desestimado de forma expresa ou por silencio administrativo. Non poden simultanearse o recurso de reposición e a reclamación económico-administrativa.
  • O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto contra o que se reclama e indicarase que a reclamación se interpón ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense.
  • Poderá utilizarse o modelo de reclamación dispoñible na web do Concello de Ourense.

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información