Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver

Declaración de ruina

Evaluación dun edificio en mal estado.

Solicitante, propietarios, moradores e titulares de dereitos reais sobre o inmoble.

Pódese presentar a documentación -previo pago da taxa correspondente- en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
  1. Identificación do inmoble incluindo certificación catastral e plano de situación sobre cartografía oficial do vixente PXOM.
  2. Certificación do Rexistro da Propiedade da titularidade e cargas deste.
  3. Relación de moradores e titulares de dereitos reais sobre o inmoble, se os houbese.
  4. Informe expediente por facultativo competente no que se xustifiquen as causas nas que se funda a solicitude de ruína con expresa mención á situación urbanística do inmoble e, de ser o caso, o seu nivel de proteción; planos de planta ou diferentes niveis do predio debidamente acoutados; ano de construción do edificio, así como se este reúne as debidas condicións de seguridade para os seus ocupantes e terceiros.
  5. Memoria con descrición e sinalización das medidas de seguridade que, en razón dos danos descritos, se adoptaron no edificio ou, de ser o caso, as razóns da súa non adopción.
  6. Copia do documento de pago da taxa.
  7. Reportaxe fotográfico do inmoble explicativa do informe emitido.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Sección de Disciplina Urbanística Rúa García Mosquera, nº 19 – esquina Padre Feijoo 988 388161 De 9 a 13 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Sección de Disciplina Urbanística Rúa García Mosquera, nº 19 – esquina Padre Feijoo 988 388161
Oficina Horario
Sección de Disciplina Urbanística De 9 a 13 horas

Volver

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información