Sede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de OurenseSede Electrónica | Concello de Ourense
Volver
Tramitar

Queixas e suxestións sobre a Sede

No caso de que vostede queira comunicar unha queixa o suxestión sobre a Sede electrónica municipal pode facérnola chegar a través do procedemento indicado liñas máis abaixo (sección "Como facelo?")

Non será necesario que faga uso desta opción no caso de que vostede necesite de asesoramento para a correcta utilización da Sede. No caso de necesitar asesoramento técnico, recomendamos encarecidamente a lectura da sección "Instrucións para cursar solicitudes", se dita lectura non resolve as súas dúbidas, sempre pode contactar co Concello chamando á centraliña municipal ao teléfono 988 388 100.

Electrónicamente

Para presentar a queixa ou suxestión de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Cubrir a "Instancia de procedementos xerais".
  • Recompilar o resto de documentación que queira aportar.
  • Identificarse na Sede, proceso que require uso de certificado dixital admitido.
  • Tramitar unha solicitude do tipo "Queixas e suxestións sobre a Sede electrónica".
  • Seguir os pasos indicados, engadindo a "Instancia de procedementos xerais" e demais documentos a aportar asinados electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Presencialmente

Debe presentar a "Instancia de procedementos xerais" debidamente cuberta, con indicación da queixa ou suxestión sobre a Sede, podendo achegar o resto de documentación que considere. Instancia e documentación pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.        


Volver
Tramitar

Esta web utiliza 'cookies' propias e de terceiros para ofrecerlle una mellor experiencia de navegación e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos acepta o uso que facemos das 'cookies'.

Máis información